Publicación orixinal en Enlace Zapatista.

Desde a Outra Europa.

Individu@s, grupos, colectivos, organizacións e movementos europeos –coa colaboración do Escuadrón 421. Xuño do 2021.

Posdata.- Está esa canción de León Gieco que se chama “El Desembarco”.  Tíñaa desde hai anos no cartafol de “pendentes”, dubidando de cando e en cal vídeo poñela.  Ao cabol, pensei que, cando chegara o seu momento, saberíao.  

Ollando o intre no que Marijose pon o seu pé sobre terra galega, pensei, non na canción, senón no tramado invisíbel que unían música e unha bota bucaneira, calzando un pé orixinario maia, pousándose en terra ibérica.

  Pescudei e resulta que a canción publicouse no 2011, nun disco homónimo.  Eso hai 10 anos… o máis.  Cando chegou o facer ese cantar no seu corazón de León Gieco, ese irmán involuntario –ou baixo protesta, como Juan Villoro-, que temos na aperta grande que é Latinoamérica?  Meses ou anos antes?

  Soñou León no que di a letra?

É o mesmo soño que tivo Marijose cando, na quela aperta ardorosa de abril, díxoselle que elloa sería quen primeiro desembarcaría?. É o mesmo que tivo o difunto SupMarcos cando, anos antes do alzamento, escribiu “Marinero en la montaña”? O mesmo que desvelou a Don Durito de La Lacandona cando imaxinou (ou realizou, nunca se saberá) o seu periplo por terras de Europa?  Soñouno a Comandanta Ramona, a primeira en saír do territorio zapatista e ao seu paso naceu o Congreso Nacional Indíxena?  É o mesmo que soñou o daquela Tenente Coronel Insurxente Moisés cando -no 2010 e nos arrabaldes dunha champa nas montañas do sueste mexicano-, recibiu o grao do Subcomandante?  O que tiveron o Señor Ik, o SubPedro e 45 zapatistas máis, intres antes de caer loitando no xaneiro de 1994?  O que, en colectivo, soñou o pobo orixinario Sami -no Norte máis Norte de Europa- coa Declaración pola Vida?  Soñouno hai máis de 500 anos Gonzalo Guerrero cando fixo de seu o camiño e o destino do pobo maia? Inquietou a Jacinto Canek?.

Aliviou algo a marcha do Comandante Ismael, a doutora Paulina Fernández C., Oscar Chávez, Jaime Montejo, Jean Robert, Paul Leduc, Vicente Rojo, Mario Molina, Ernesto Cardenal e unha chea de familiares –irmáns e irmás sen sabelo- que perdemos nos últimos meses?

  O soño que animou a á Europa de abaixo que organizou ese terrible e marabillosa acollida en Vigo?.

  O que agora percorre as rúas, barrios, campos e costas da Europa repetindo “Choverá xullo en París”?.

  É o soño que anima as voces que, nos emblemáticos espellos da praia de Vigo, atravesaron o Atlántico e aniñan agora nas comunidades zapatistas?.

  Porque non dun navío descende o Escuadrón 421, senón que de La Montaña desembarca “sen armas, pola vida”.

  É iso o humano?  O que borda o longo e oculto fío que une xeografías distintas e distantes, que enlaza almanaques próximos e afastados?

  Non che sei.  Pero si recomendaría a quen teñen por maldición a arte: plasmen o seu soño.  O que sexa, pero que sexa seu.

  Porque nunca se sabe cando e onde outra ollada, outro ouvido, outras mans, outro andar, outro corazón, noutro almanaque e noutra xeografía, haberá de baixalo do extenso andel das ilusións, abriralle as entrañas e plantarao, como unha semente, na doente realidade.

Dou fe.

O SupGaleano.
Xuño do 2021.

Categories: porlavida