Benvidxs!

Esta é a páxina oficial da Coordinación Europea para “Viaje por la vida”, na que unha gran delegación zapatista percorrerá a outra Europa co obxectivo de apoiar/atoparse coas loitas abaixo e á esquerda. Esta viaxe estámola/está sendo coordinada por moit@s colectiv@s e persoas en toda Europa e México. ¡MOIT@S!

Creamos esta páxina web para difundir os comunicados do EZLN, informar sobre os preliminares desta viaxe, as convocatorias desde distintas xeografías, os avances que imos acadando e as chamadas ás que pediremos adhesión. Ten amais como finalidade ser unha plataforma na que poidades propor, unirvos ou colaborar con esta viaxe.

Xs compañeirxs achéganse a coñecernos, apoiarnos e acompañarnos nos nosos territorios para poder darlle un empurrón ás loitas abaixo e á esquerda. Primeiro en Europa, despois, no globo enteiro.

Mantédevos atentxs, e poderédes escoitar como o chan retumba baixo os seus pés.

EZLN: «Esa é a nosa misión: ser semente que busca outras sementes”