Publicación orixinal en Enlace Zapatista.
Desde a Outra Europa.
Individu@s, grupos, colectivos, organizacións e movementos europeos –coa colaboración do Escuadrón 421. Xuño do 2021.
Posdata.- Está esa canción de León Gieco que se chama “El Desembarco”. Tíñaa desde hai anos no cartafol de “pendentes”, dubidando de cando e en cal vídeo poñela. Ao cabol, pensei que, cando chegara o seu momento, saberíao.
Ollando o intre no que Marijose pon o seu pé sobre terra galega, pensei, non na canción, senón no tramado invisíbel que unían música e unha bota bucaneira, calzando un pé orixinario maia, pousándose en terra ibérica.
Pescudei e resulta que a canción publicouse no 2011, nun disco homónimo. Eso hai 10 anos… o máis. Cando chegou o facer ese cantar no seu corazón de León Gieco, ese irmán involuntario –ou baixo protesta, como Juan Villoro-, que temos na aperta grande que é Latinoamérica? Meses ou anos antes?
Soñou León no que di a letra?
É o mesmo soño que tivo Marijose cando, na quela aperta ardorosa de abril, díxoselle que elloa sería quen primeiro desembarcaría?. É o mesmo que tivo o difunto SupMarcos cando, anos antes do alzamento, escribiu “Marinero en la montaña”? O mesmo que desvelou a Don Durito de La Lacandona cando imaxinou (ou realizou, nunca se saberá) o seu periplo por terras de Europa? Soñouno a Comandanta Ramona, a primeira en saír do territorio zapatista e ao seu paso naceu o Congreso Nacional Indíxena? É o mesmo que soñou o daquela Tenente Coronel Insurxente Moisés cando -no 2010 e nos arrabaldes dunha champa nas montañas do sueste mexicano-, recibiu o grao do Subcomandante? O que tiveron o Señor Ik, o SubPedro e 45 zapatistas máis, intres antes de caer loitando no xaneiro de 1994? O que, en colectivo, soñou o pobo orixinario Sami -no Norte máis Norte de Europa- coa Declaración pola Vida? Soñouno hai máis de 500 anos Gonzalo Guerrero cando fixo de seu o camiño e o destino do pobo maia? Inquietou a Jacinto Canek?.
Aliviou algo a marcha do Comandante Ismael, a doutora Paulina Fernández C., Oscar Chávez, Jaime Montejo, Jean Robert, Paul Leduc, Vicente Rojo, Mario Molina, Ernesto Cardenal e unha chea de familiares –irmáns e irmás sen sabelo- que perdemos nos últimos meses?
O soño que animou a á Europa de abaixo que organizou ese terrible e marabillosa acollida en Vigo?.
O que agora percorre as rúas, barrios, campos e costas da Europa repetindo “Choverá xullo en París”?.
É o soño que anima as voces que, nos emblemáticos espellos da praia de Vigo, atravesaron o Atlántico e aniñan agora nas comunidades zapatistas?.
Porque non dun navío descende o Escuadrón 421, senón que de La Montaña desembarca “sen armas, pola vida”.
É iso o humano? O que borda o longo e oculto fío que une xeografías distintas e distantes, que enlaza almanaques próximos e afastados?
Non che sei. Pero si recomendaría a quen teñen por maldición a arte: plasmen o seu soño. O que sexa, pero que sexa seu.
Porque nunca se sabe cando e onde outra ollada, outro ouvido, outras mans, outro andar, outro corazón, noutro almanaque e noutra xeografía, haberá de baixalo do extenso andel das ilusións, abriralle as entrañas e plantarao, como unha semente, na doente realidade.
Dou fe.
O SupGaleano.
Xuño do 2021.