Publicación orixinal en Enlace Zapatista:

Quinta Parte: A OLLADA E A DISTANCIA Á PORTA..

Outubro do 2020.

Supoñamos que é posible elixir, por exemplo, a ollada. Supoñamos que vostede pode librarse, así sexa por un momento, da tiranía das redes sociais que impoñen non só o que se mira e de que se fala, tamén como ollar e como falar. Entón, supoñamos que vostede levanta a súa ollada. Máis arriba: do inmediato ao local ao rexional ao nacional ao mundial. Veo? Certo, un caos, un barullo, unha desorde. Entón supoñamos que vostede é un ser humano; vaia, que non é unha aplicación dixital que, velozmente, mira, clasifica, xerarquiza, xulga e sanciona. Entón vostede elixe que mirar… e como mirar. Puidese ser, é un suposto, que mirar e xulgar non sexan o mesmo. Así que vostede non só elixe, tamén decide. Cambiar a pregunta de “iso, está mal ou ben?”, a “que é iso?”. Claro, a primeira cuestión leva a un debate  ben sabedor (aínda hai debates?). E de aí ao “Iso está mal -ou ben- “porque eu o digo”. Ou, talvez, hai unha discusión sobre que é o ben e o mal, e de aí aos argumentos e citas con pé de páxina. Certo, ten vostede razón, iso é mellor que recorrer a “likes” e “mans arriba”, pero propúxenlle cambiar o punto de partida: elixir o destino da súa ollada.

Por exemplo: vostede decide ollar cara os musulmáns. Pode vostede elixir, por exemplo, entre quen perpetraron o atentado contra Charlie Hebdo ou entre quen marchan agora polos camiños de Francia para reclamar, esixir, impoñer os seus dereitos. Se vostede chegou a estas liñas, é moi probable que se tome partido polos sans papiers. Claro, tamén se sente vostede na obriga de declarar que Macron é un imbécil. Pero, deixandor esa rápida ollada cara arriba, vostede volve mirar as concentracións, campamentos e marchas das migrantes. Vostede pregúntase polo número. Parécenlle moitos, ou poucos, ou demasiados, ou suficientes. Pasou da identidade relixiosa á cantidade. E entón vostede pregúntase que queren, por que loitan. E aquí vostede decide si acode aos medios e as redes para sabelo… ou escóitaos. Supoña que lles pode preguntar. Pregúntalles vostede a súa crenza relixiosa, cantos son? Ou lles pregunta por que abandonaron a súa terra e decidiron chegar a chans e ceos que teñen outra lingua, outra cultura, outras leis, outras usanzas? Talvez lle respondan cunha soa palabra: guerra. Ou talvez lle expliquen polo miúdo o que esa palabra significa na súa realidade. Guerra. Vostede decide investigar: guerra onde? Ou, máis mellor. por que esa guerra? Entón asolágano con explicacións: crenzas relixiosas, disputas territoriais, espolio de recursos ou, simplemente, estupidez. Pero vostede non se conforma e pregunta quen se beneficia da destrución, do despoboamento, da reconstrución, do repoboamento. Atopa os datos de diversas corporacións. Investiga ás corporacións e descobre que están en varios países, e que fabrican non só armas, tamén automobiles, foguetes interestelares, fornos de microondas, servizos de paquetaría, bancos, redes sociais, contido mediático, roupa, teléfonos móbiles e computadoras, calzado, alimentos orgánicos e non, empresas navais, vendas en liña, trens, xefes de goberno e gabinetes, centros de investigación científica e non, cadeas de hoteis e restaurantes, comida rápida, liñas aéreas, termoeléctricas e, claro, fundacións de axuda “humanitaria”. Vostede podería dicir, entón, que a responsabilidade é da humanidade ou do mundo enteiro.  

 Pero vostede pregúntase se o mundo ou a humanidade non son responsables, tamén, desa marcha, concentración, campamento de migrantes, desa resistencia. E chega entón a concluír que, pode ser, é probable, talvez, sexa responsable todo o sistema na súa integridade. Un sistema que produce e reproduce a dor, a quen o infrinxen e a quen a padecen.

Agora volva vostede a ollada á marcha que percorre os camiños da Francia. Supoña que son poucos, moi poucos, que só é unha muller que carga a súa crianza. Impórtanlle agora a súa crenza relixiosa, a súa lingua, as súas roupas, a súa cultura, as súas usanzas? Impórtanlle que sexa só unha muller que leva a súa crianza no colo? Agora esquézase da muller por un momento e enfoque a súa mirada só na criatura. Importa si é varón ou femia ou otroa? A súa cor de pel? Talvez descubra vostede, agora, que o que importa é a súa vida.

Agora, vaia máis aló, logo de todo xa chegou vostede ata estas liñas, así que unhas máis non lle farán dano. Ben, non moito dano.

Supoña que esa muller fálalle e vostede ten o privilexio de entender o que lle diga. Vostede cre que ela lle esixirá que lle pida perdón pola cor da súa pel, a súa crenza relixiosa ou non, a súa nacionalidade, os seus devanceiros, a súa lingua, o seu xénero, as súas usanzas? Vostede apresúrase a pedirlle perdón por ser quen é? Espera que ela lle perdoe e vostede regrese á súa vida con esa conta saldada? Ou que ela non lle perdoe e vostede dígase “bem, polo cando menos intenteino e estou sinceramente arrepentido de ser quen son”?

Ou teme que ela non lle fale, que só lle mire en silencio, e vostede senta que esa mirada pregúntalle “E ti, que”? ?

  Se chega vostede a este razonamento-sentimento-anguria-desesperación, entón, laméntoo, vostede non ten remedio: vostede é un ser humano.

-*-

Aclarado así que vostede non é un bot, repita o exercicio na Illa de Lesbos; no Peñón de Xibraltar; na Canle da Mancha; en Nápoles; no río Suchiate; no río Bravo.

Agora mova a súa ollada e busque Palestina, Kurdistán, Euskadi e Wallmapu. Si, seino, marea un pouco… e non é todo. Pero neses lugares, hai quen (moitos ou poucos ou demasiados ou suficientes) tamén loitan pola vida. Pero resulta que conciben a vida ligada inseparablemente á súa terra, á súa lingua, á súa cultura, ás súas usanzas. A iso que o Congreso Nacional Indígena ensinounos a chamar “territorio”, e que non é só un pedazo de terra. Non ten a tentación de que esas persoas lle conten a súa historia, a súa loita, os seus soños? Si, seino, talvez sexa mellor para vostede recorrer á Wikipedia, pero non lle tenta escoitalo directamente e tratar de entendelo?

  Retorne agora a iso que está entre os ríos Bravo e Suchiate. Achéguese a un lugar que se chama “Morelos”. Unha nova aproximación da súa mirada ao municipio de Temoac. Enfoque agora a comunidade de Amilcingo. Olla vostede esa casa? É a casa dun home que en vida levou o nome de Samir Flores Soberanes. Fronte a esa porta foi asasinado. O seu delito? Opoñerse a un megaproxecto que representa morte para a vida das comunidades ás que pertence. Non, non me equivoquei na redacción: Samir é asasinado non por defender a súa vida individual, senón a das súas comunidades.

Aínda máis: Samir foi asasinado por defender a vida de xeracións que aínda non son nin pensadas. Porque para Samir, para as súas compañeiras e compañeiros, para os pobos orixinarios agrupados no CNI e para nós, nosotroas, zapatistas, a vida da comunidade non é algo que transcorra só no presente. É, sobre todo, o que virá. A vida da comunidade é algo que se constrúe hoxe, pero para o mañá. A vida na comunidade é algo que se herda, pois. Vostede cre que a conta sáldase se os asasinos -o intelectual e o material- piden perdón? Pensa que a súa familia, a súa organización, o CNI, nós, quedaremos conformes con que pidan perdón os criminais. “Perdóenme, eu sinaleino para que os sicarios procedesen a executalo, e sempre fun un laretas. Verei de corrixirme, ou non. Xa lles pedín perdón, agora disolvan a súa concentración e imos rematar a termoeléctrica, porque se non, vaise a perder moito diñeiro”. Vostede supón que iso esperan, esperamos, que por iso loitan, loitamos? Para que pidan perdón? Que declaren: “desculpen, si, asasinamos a Samir e, de paso, con este proxecto, asasinamos ás súas comunidades. Xa pois, perdóennos. E se non nos perdoan, pois non nos importa, o proxecto tense que rermatar”?

E resulta que os mesmos que pedirían perdón pola termoeléctrica, son os mesmos do Tren mal chamado “Maia”, os mesmos do “corredor transístmico”, os mesmos de presas, minas ao descuberto e centrais eléctricas, os mesmos que pechan fronteiras para deter a migración provocada polas guerras que eles mesmos alimentan, os mesmos que perseguen ao Mapuche, os mesmos que masacran ao Kurdo, os mesmos que destrúen Palestina, os mesmos que disparan aos afroamericanos, os mesmos que explotan (directa ou indirectamente) a traballadorxs en calquera recuncho do planeta, os mesmos que cultivan e enaltecen a violencia de xénero, os mesmos que prostitúen á infanciaz, os mesmos que lle espían a vostede para saber que lle gusta e venderlle iso -e se non lle gusta nada, pois fan que lle guste-, os mesmos que destrúen a natureza. Os mesmos que queren facerlle crer, a vostede, aos demais, a nós, que a responsabilidade dese crime mundial e en marcha, é responsabilidade de nacións, de crenzas relixiosas, de resistencia ao progreso, de conservadores, de linguas, de historias, de usanzas.Que todo se sintetiza nun individuo… ou individua (non esquecer a paridade de xénero).

Se puidésese ir a todos eses recunchos deste planeta moribundo, que faría vostede? Ben, non sabemos. Pero nós,, nosotroas, zapatistas, iriamos aprender. Claro, tamén a bailar, pero unha cousa non exclúe á outra, creo. Se houbera esa oportunidade estariamos en disposiciónarriscalo todo, todo. Non só a nosa vida individual, tamén a nosa vida colectiva. E se non existise esa posibilidade, loitariamos por creala. Por construíla, coma se tratara dun navío. Si, seino, é unha tolemia. Algo impensable. A quen se lle ocorrería que o destino de quen resisten á termoeléctrica, nun pequerrecho recuncho de México, podería ser de interese para Palestina, o Mapuche, o vasco, o migrante, o afroamericano, a moza ambientalista sueca, a guerreira kurda, a muller que loita noutra parte do planeta, Xapón, China, as Coreas, Oceanía, a África nai?.

Non deberiamos, en cambio, ir, por exemplo, a Chablekal, en Yucatán, ao local do Equipo Indignación, e reclamarlles: “Ei! Vostedes son de pel branca e son crentes, pidan perdón!”? Caseque estou seguro de que responderían: “non hai problema, pero agarden a súa quenda, porque agora estamos ocupadas en acompañar a quen se resisten ao Tren Maya, a quen sofren refugallos, persecución, cárcere, morte.” E engadirían:

“Ademais temos que atender a acusación que o supremo fainos de que estamos financiadas polos Iluminatti como parte dun complot interplanetario para deter á 4T”. Do que si estou seguro é que usarían o verbo “acompañar”, e non os de “dirixir”, “mandar”, “conducir”.

Ou deberiamos mellor invadir as Europas ao berro de “¡réndanse cara-pálidas!”, e destruír o Partenón, o Louvre e o Prado e, en lugar de esculturas e pinturas, encher todo de bordados zapatistas, especialmente de cobre bocas zapatistas -que, de certo, son eficaces e bonitiñas-; e, en lugar de pastas, mariscos e paellas, impoñer o consumo de elotes, cacaté e yerba mora; en lugar de refrescos, viños e cervexas, pozol obrigatorio; e quen salga á rúa sen pasamontañas, multa ou cárcere (si, opcional, porque tampouco hai que esaxerar); e exclamar “¡A ver, eses rockeiros, marimba obrigatoria! ¡E desde agora puras cumbias, nada de que reggaeton (téntalle, verdade?)! ¡A ver ti, Panchito Varona e Sabina, os demais aos coros, arrínquense con “Cartas Marcadas”, e en loop, aínda que nos dean as dez, as once, as doce, a unha, as dúas e as tres… e xa, porque mañá hai que madrugar! Oes outro ti, ex rei pés-en-polvorosa, deixa en paz a eses elefantes e ponte a cociñar! ¡Sopa de cabaza para toda a corte!” … (seino, a miña crueldade é exquisita).  

Agora dígame: vostede cre que o pesadelo dos de arriba é que lles obriguen a pedir perdón? Non será que o que lles poboa o soño de cousas horrendas é que desaparezan, que non importen, que non se lles tome en conta, que sexan nada, que o seu mundo se derrube sen apenas facer ruído, sen ninguén que lles recorde, que lles erixa estatuas, museos, cánticos, días de gardar? Non será que lles dá pánico a posible realidade?.

-*-

Foi das poucas veces que o finado SupMarcos non recorreu a un símil cinéfilo para explicar algo. Porque, non están vostedes para sabelo, nin eu para contarlles, o defunto podía referir as etapas da súa curta vida, cada unha, a unha película. Ou acompañar unha explicación sobre a situación nacional ou internacional cun “como na película tal”. Claro, máis dunha vez tiña que recompoñer o guión para que se axustase ao narrado. Como a maioría de nós non viramos o filme referido, e non tiñamos sinal para consultar nos celulares a wikipedia, pois lle criamos. Pero non nos desviemos do tema. Esperen, creo que o deixou escrito nalgún deses papeis que saturan o seu baúl dos recordos… ¡Aquí está! Vai pois:

“Para entender o noso afán e o tamaño do noso atrevemento, imaxinen que a morte é unha porta que se cruza. Haberá moitas e variadas especulacións sobre o que hai detrás desa porta: o ceo, o inferno, o limbo, a nada. E sobre esas opcións, decenas de descricións. A vida, entón, podería ser concibida como o camiño cara a esa porta. A porta, a morte pois, sería así un punto de chegada… ou unha interrupción, a impertinente tallada da ausencia ferindo o aire da vida.

A esa porta chegaríase, entón, coa violencia da tortura e o asasinato, a desgraza dun accidente, o penoso entornar a porta nunha enfermidade, o cansazo, o desexo. É dicir, aínda que a maioría das veces chegábase a esa porta sen desexalo nin pretendelo, tamén sería posible que fose unha elección.

Nos pobos orixinarios, hoxe zapatistas, a morte era unha porta que se plantaba case ao comezo da vida. A infancia topábase con ela antes dos 5 anos, e cruzábaa entre febres e diarreas. O que fixemos o primeiro de xaneiro de 1994 foi tratar de afastar esa porta. Claro, houbo que estar dispostos a cruzala para logralo, aínda que non o desexásemos. Desde entón todo o noso empeño foi, e é, por afastar esa porta o máis posible. “Alargar a esperanza de vida”, dirían os especialistas. Pero vida digna, engadiríamos nós. Afastala ata lograr colocala ao carón, pero moi adiante do camiño. Por iso dixemos ao comezo do alzamento que “para vivir, morremos”. Porque se non herdamos vida, é dicir camiño, entón para que vivimos?”.

-*-

  Herdar vida.

Iso é xustamente o que lle preocupaba a Samir Flores Soberanes. E iso é o que pode sintetizar a loita do Frente de Pueblos en Defensa del Agua y de la Tierra de Morelos, Puebla y Tlaxcala, na súa resistencia e rebeldía contra a Termoeléctrica e o chamado “Proxecto Integral Morelos”. Ás súas demandas de deter e desaparecer un proxecto de morte, o mal goberno responde argumentando que se perdería moito diñeiro.

Aí, en Morelos, sintetízase a confrontación actual en todo o mundo: diñeiro versus vida. E nese enfrontamento, nesa guerra, ningunha persoa honesta debería ser neutral: ou co diñeiro, ou coa vida.

Así que, poderiamos concluír, a loita pola vida non é unha obsesión nos pobos orixinarios. É máis ben… unha vocación… e colectiva.

Ben.  Saúde y que non esquezamos que perdón e xustiza non son o mesmo.

Desde as montañas dos Alpes, dubidando qué invadir primeiro: Alemaña, Austria, Suiza, Francia, Italia, Eslovenia, Mónaco, Liechtenstein?  Nah, á broma… ou non?

O SupGaleano practicando o seu “gómito” máis elegante.

México, Outubro do 2020.

Do Cuaderno de Apuntes del Gato-Perro: Unha montaña en alta mar.Parte I: A balsa.

“E nos mares de todos os mundos que no mundo son, olláronse montañas que se movían sobre a auga e, coa faciana negada, mulleres, homes e otroas sobre elas”. “Crónicas del mañana”. Don Durito de La Lacandona. 1990.

Ao terceiro intento en balde, Maxo quedou pensativo e, despois duns segundos, exclamou: “Quere lazo”.  “Díxencho”, obviou Gabino.  Os restos da balsa aboiaban dispersos, batendo uns cos outros ao gosto da corrente do río que, facendo honra ao seu nome de “Colorado”, pintábase do barro avermellado que arrincaba das ribeiras.

  Chamaron entón a un escuadrón miliciano de cabalaría, que chegou ao ritmo da “Cumbia Sobre el Río Suena”, do mestre Celso Piña. Foron empalmando lazadas e fixeron dous tramos largos.  Mandaron a un equipo ao outro lado do río.  Amarradas as súas lazadas á balsa, ambos os grupos poderían controlar o traxecto do navío sen que acabara desfeito, arrastrado o brazado de troncos por un río que nin sequera se decataba da tentativa de navegación.

O despropósito en curso xurdiu despois de que se decidiu a invasión…, perdón, a visita aos cinco continentes.  E pois xa de calquera xeito.  Porque, cando se votou, e ao remate o SupGaleano díxolles  “están tolos, non temos barco”, Maxo respondeu: “facemos un”.  Lixeiro comezaron a facer propostas.  

  Como todo o absurdo en terras zapatistas, a construción do “barco” convocou á banda de Defensa Zapatista.

“As compañeras van morrer miseramente”, sentenciou Esperanza, co seu xa mítico optimismo (nalgún libro a rapaza atopou esa palabra e entendeu que era para referirse a algo horrible e irremediable, e úsaa ao seu gosto: “As miñas nais peiteáronme miseramente”,  “A mestra deixoume de lado miseramente”, e así), cando ao cuarto intento, a balsa despezouse case deseguida.

“E os compañeiros”, sentíuse o Pedrito obrigado a engadir, dubidando se a solidariedade de xénero era axeitado neste destino… mísero.

Nah”, replicou Defensa.  “Compañeiros podes repoñer como queiras , pero compañeiras… Onde vas atopar?  Compañeira, en verdade compañeira, non calquera”.

A bandada de Defensa estaba colocada estratexicamente.  Non para contemplar os avatares dos comités para construír o barco.  Defensa e Esperanza tiñan tomada da man a Calamidade, quen xa tentara dúas veces botarse ao río para rescatar a balsa, e en ambas as dúas foi derrubada polo Pedrito, o Pablito e o amado Amado.  O cabalo coxo e o gato-perro foron atropelados desde o comezo.  Preocupábanse innecesariamente.  Cando o SupGaleano viu que chegaba a horda, asignou 3 pelotóns de milicianas na beira do río.  Coa súa habitual diplomacia e sen deixar de sorrír, o Sup díxolles: “Se esa cativa chega á agua, todas morren”.

  Despois do éxito no sexto intento, os comités probaban cargando a balsa do que deron en chamar “cousas esenciais” para a viaxe (unha sorte de kit de supervivencia zapatista): un costal de torradas, panela, un costaliño de café, algunhas bolas de pozol, un tercio de leña, un anaco de nailon por se chove.  Quedaron contemplando e caeron na conta de que algo faltaba.  Claro, non tardaron en traer unha marimba.

Maxo foi onde o Monarca e o SupGaleano revisaban uns deseños dos que lles contarei noutra ocasión, e dixo: “Oia Sup, quero que lles mandes carta aos do outro lado: que busquen corda e que a empaten para que sexa ben longa, e lánzana ata aquí e entón desde as dúas ribeiras imos movendo o “barco”.  Pero que se organizen, porque se cada quen lanza unha corda pola súa banda, pois así non chegan.  Quero que os levanten pois, e organizados”.

Maxo non agardou a que o SupGaleano saíra do seu desconcerto, e tentara explicarlle que había una gran diferencia entre unha balsa feita con troncos amarrados con bejuco, e un barco para cruzar o Atlántico.

Maxo foise a supervisar a proba da balsa con toda a bagaxe.  Discutiron quen subía para probar con persoas, pero o  río remexíase cun murmurio sombrizo, polo que optaron por facer un moneco e espetalo no medio da embarcación.  Maxo era coma o enxeñeiro naval porque, hai anos, cando unha delegación zapatista foi a dar soporte ao campamento Cucapá, meteuse ao Mar de Cortés.  Maxo non explicou que case afoga porque o pasamontañas pegóuselle a nariz en boca e non era quen de respirar.  Coma un vello lobo de mar explicou: “é coma un río, pero sen corrente, e máis do dobre, ben máis, que a lagoa de Miramar”.  

O SupGaleano estaba tratando de descifrar como se di “corda” en alemán, italiano, francés, inglés, grego, euskera, turco, sueco, catalán, finlandés, etc., cando a maior Irma achegouse e díxolle “ponlle que non están soas”.  “Nin sós”, engadiu o tenente coronel Rolando.  “Nin sosoas”, aventurouse a Marijose, que chegou para pedir aos músicos que fixeran unha versión do Lago dos Cisnes pero en cumbia.  “Así, alegre pues, que se bailen pues, que no esté triste su corazón”.  Os músicos preguntaron qué é “cisnes”.  “Son como patos pero más bonitiños, como que estricaron moito o seu pescozo e así quedaron.  Que sexa que son como xirafas pero camiñan como patos”.  “E cómense?”, preguntaron os músicos, que sabían que xa era la hora do pozol e só viñeran para deixar a marimba.  “Que dis!, os cisnes báilanse”.  Os músicos concordaron que unha versión de pollito con papas podería valer.  “Ímolo estudar”, dixeron, e foron tomar pozol.

Entrementres Defensa Zapatista e Esperanza convencían a Calamidad de que, dado que o SupGaleano estaba ocupado, a súa cabana estaba baleira e era moi probable que agochara un paquete de mantecadas na caixa do tabaco.  Calamidad dubidaba, así que tiveron que dicirlle que alá poderían xogar ás palomitas.  Marcharon.  O Sup viunos afastarse, pero non se inquedou, era imposible que atoparan o agocho das mantecadas, agachadas baixo bolsas de tabaco hongueado, e, dirixíndose ao Monarca e sinalando uns diagramas, preguntoulle “Estás seguro de que non afunde?  Porque se ve que vai estar pesado”.  O Monarca quedou pensando e respondeu: “De súpeto”.  E logo dixo, serio: “pois que leven vexigas, así aboian”.

O Sup suspirou e dixo: “máis que un barco, o que precisamos é un chisco de sentido”.  “E máis corda”, engadiu o SubMoy, que chegaba xusto no intre no que a balsa, ata os topes de carga, afundíase.

Mentres na ribeira o grupo de Comités contemplaba os restos do afundimento e a marimba flotando patas arriba, alguén dixo: “sorte que non subimos o equipo de son, ése es máis caro”.

  Todos aplaudiron cando aboiou o moneco de trapo.  Alguén, previsor, puxéralle, baixo os brazos, dúas vexigas inchadas.

Dou fe. Miau-Guau.

Vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=4ba1Yc6lkQc
https://youtu.be/5k-QLyo9Hoc
https://youtu.be/KTmatjyd4KM
Categories: porlavida