Moitas loitas para vivir, un mesmo corazón para loitar!                                               Encontro de mulleres, persoas trans, inter, non binarias.

10 e 11 de xullo do 2021 Lugar: ZAD de Notre Dame des Landes (Nantes-Francia) No marco da Xira Zapatista e das defensoras da Auga e da Terra por Europa.

Váille facendo sitio no teu almanaque! Moi pronto información loxística…

Convocatoria para participar no encontro.

Ademais de asistir pódense enviar propostas para a axenda político-cultural do evento. Correo: comision-genero-eu@riseup.net

Somos seres vives, abueles, nais, filles, mulleres, trans, non binarias que loitamos desde as nosas distintas realidades, feministas, migrantes, non migrantes, depauperades, de sectores populares, que hoxe facemos unha chamada aos diálogos interxeneracionais, interculturais, interétnicos, intergalácticos, entre a diversidade de xéneros, desde todos os saberes das múltiples loitas e as súas distintas xeografías, desde o agro, a cidade, a fábrica, o  barrio, así como todos os espazos posibles de militancia. Movides polos afectos, dores, alegrías e coraxes que atravesan as nosas loitas nos nosos territorios e as nosas corpas diversas; apostamos pola valoración e revitalización de prácticas e saberes ancestrais así como as loitas e resistencias actuais que sustentan a vida en todas as súas expresións. Agradaríanos que neste encontro a palabra e expresión de todes sexa valorada do mesmo modo, que poidamos escoitar e aprender o que todes e todas temos para ensinar desde as nosas experiencias. Abordaremos as temáticas e contidos tratando de imaxinar formatos distintos aos que coñecemos, que boten man de todos os tipos de linguaxe que descentren a palabra falada e escrita para potenciar as expresións (re)creativas dos nosos corpos, das artes, do xogo, o goce, o deporte, doutros imaxinarios que nos acheguen a outros horizontes e futuros para todes.

Ixchel “o corazón que florea” Este ritual será a actividade que abra o encontro. Comezaremos a mañá con elementos que identifiquen as nosas loitas, símbolos plantas, sementes, caxatos, tambores. Leva dúas pólas para poder collernos das mans sen tocarnos. A acollida e os coidados A nosa intención é que o encontro sexa un espazo libre de alcol e drogas. Convídase a reflexionar sobre a importancnia de non consumir drogas ni alcol durante o evento lembrando a loita das mulleres zapatistas. Na súa ampliación, a Ley Revolucionaria de las Mujeres de 1996 establece o non consumo de drogas nin de alcol en territorios liberados zapatistas; pola violencia que elas e as súas fillas e fillos teñen padecido polos efectos deste modo de dominación vivido polo pobos indíxenas. Principios para un compromiso de coidados: Corresponsabilidade activa e contornas de respecto. Organizar a coraxe e a acción desde a tenrura e o amor. Coidar a que as inclusións identitarias sexan efectivas. Enténdese estar/recibir como na casa. Respectar as necesidades, expresións e tempos de cada persoa. Contido  e organización do encontro Expresarémonos e intercambiaremos en formatos diversos: asembleas, obradoiros, conversas, andainas e camiñadas, sementeiras… Diferentes toldos acollerán as actividades dependendo do formato de cada actividade: – “Toldo da palabra”: taboleiros, conferencias, cine foro, conversas… – “Toldo más aló da palabra”: performances, artes, exposicións, teatro, música, conferencias xesticuladas… – “Toldo Faceres conxuntos”: Pintura, serigrafía, bordado, tecidos, sabores… – “Toldo Compartición”: espazo para atoparnos, coñecernos, intercambiar as nosas experiencias de loita e descansar xuntes…

Temáticas Estas son as temáticas recollidas ate o de agora, e serán benvidas novas propostas: – Defensa e dereitos da terra e o territorio, resistencia contra mega proxectos. – Saúde, autocoidado e coidados colectivos. – Traballo (produtivo e reprodutivo) e colectivización do traballo (formas cooperativas, Economía popular e solidaria). – Otres, disidencia, persoas LGBT*QIAP+, trans*, non binaries, intersex, mulleres que loitan, como nos identificamos e nomeamos cada unə de nós. – Descolonización, antimperialismo e contrahexemonía cultural. – Refuxios, migracións, dereito á libre circulación das persoas e vida nómade. – Violencia institucional, violencia de xénero e ciberacoso; prácticas e imaxinarios de autodefensa. – Practicando a autonomía: Xustiza, educación, pedagoxías e comunicación comunitaria. – Palabra colectiva das loitas do mundo. – Desexos e relacións interpersoais.

Inscricións e recollida de propostas

Ao realizar a inscrición ao encontro tamén podedes enviar propostas de actividades usando o formulario de rexistro. Recibiránse até o domingo 4 de xullo do 2021.

Formulario de rexistro: https://forms.komun.org/encuentro-mujeres-trans-inter-nobinarixs