Cuarta Parte: MEMORIA DO QUE VIRÁ. Publicación orixinal en Enlace Zapatista:

Subcomanante Insurxente Galeano.Outubro do 2020.

  É hai 35 outubros.

  O Vello Antonio olla a cachela resistindo á choiva.  Baixo as pingas do chapeu de palla, prende cun chamizo o seu cigarro forxado con dobrador.  O lume mantense, agochándose ás veces baixo as rachas; o vento axúdalle, e co seu alento aviva as brasas que arroiban de furia.

O campamento é o nomeado “Watapil”, na chamada “Sierra Cruz de Plata” que se ergue entre os húmidos brazos dos ríos Jataté e Perlas.  Corre o ano de 1985 e outubro recibe ao grupo cunha tormenta, augurando así as súas mañás.  A alta amendoeira (que renomeará esa montaña na lingua insurxente), compasiva, olla aos seus pés a esa presa pequena, pequenísima, insignificante, de mulleres e homes.  Facianas desfiguradas, peles secas, relucente a ollada (quizáis a quentura a liorta, o medo, o desvarío, a fame, a falla de sono), as roupas marrón e negro rachadas, as botas deformes polas lianas que pretenden manter as solas no seu sitio.

  Con palabra pausada, queda, apenas perceptíbel entre o murmurio da tormenta, o Vello Antonio fálalles coma se a sí mesmo se invocara:

  “Para a cor da terra virá de novo o Mandón a impor a súa palabra dura, o seu EU asasino da razón, a súa compra disfrazada de dádiva.

  Chegará o día no que a morte vista  as súas roupas más despiadadas. Engalanadas as súas pisadas con engrenaxes e rinchidos, a máquina que enferma os camiños, mentirá dicindo que trae bonanza mentres sementa destrución.  Quen se opoña a ese ruído que atemoriza a plantas e animais, será asasinado na súa vida e a súa memoria.  A unha con chumbo, a outra con mentira.  A noite será así máis longa.  Máis dilatada a dor.  Máis mortal a morte.

  Os Aluxo’ob alertarán entón á nai e así dirán: “Vén a morte, nai, matando vén”.  

  A terra nai, a máis primeira, espertárase entón -sacudíndose o sono de loros, guacamayas e tucáns-, reclamará o sangue dos seus gardas e, dirixíndose a súa prole, así dirá:

“Vaian os uns a burlar ao invasor. Vaian as outras a chamar ao sangue irmán. Que non lles espanten as augas, que non os desanimen fríos nin calores. Abran camiños onde non os hai. Remonten ríos e mares. Naveguen as montañas. Voen choivas e nubes. Sexan noite, día sexan, ao raiar o sol vaian e alerten a todas e todos. Que moitos son os meus nomes e cores, pero un é o meu corazón, e a miña morte será tamén a de todas e todos. Que non se avergoñen entón da pel da cor que lle teño dado, nin da palabra que nas súas bocas teño plantado, nin do tamaño que teñen ao meu carón. Que eu daréilles luz na ollada, abeiro nos seus ouvidos e forza nos seus pés e brazos. Non teman as cores e usanzas distintas, nin os camiños diferentes. Porque un é o corazón que lles din en herdanza, un o entendemento e unha a ollada”.

  Entón, baixo o asedio dos Aluxo´ob, as máquinas do engano mortal descompoñeranse, quebrada a súa soberbia, a súa avaricia quebrada.  E os poderosos traerán doutras nacións aos lacaios que compoñen a morte descomposta.  Revisaranse as entrañas das máquinas de morte e atoparán a razón do seu desandar e así diranse: “están cheas de sangue”. Tentando explicar a razón desa terrible marabilla, así anunciarán aos seus patróns: “no sabemos o porqué, só sabemos que é sangre herdado de sangue orixinario”.

  E, entón, choverá a maldade sobre si mesma nas casas grandes onde o Poderoso embriagase e abusa. Entrará a tolemia nos seus dominios e, no canto de agua, agromará sangue dos mananciales. Os seus xardíns palidecerán y e palidecerá o corazón de quen os traballan e serven. O poderoso traerá entón a outros vasalos para usalos. Doutras terras virán. E nacerá o odio entre iguais alentado polo diñeiro.  Haberá liortas entre eles, e virán a morte e a destrución entre quen comparten historia e dor.  

  Quen antes traballaban a terra e nela vivían , convertidos xa en servas e escravas do Poderoso nas terras e ceos dos seus devanceiros, verán chegar as desgrazas ás súas casas. As súas fillas e fillos perderanse, afogadas na prodemia da corrupción e o crime. Volverá o dereito de pernada co que o diñerio mata a inocencia e o amor. E as crianzas serán arrebatadas dos colos das nais e a súa carne nova será tomada polos grandes Señores para fartar a súa vileza e ruindade. Por mor dos cartos o fillo levantará a man contra os seus pais e o loita vestirá as súas casas. A filla perderase na oscuridade ou na morte, matada a súa vida e o seu estar polos Señores e o seu diñeiro. Enfermedades descoñecidas atacarán a quen venderon a súa dignidade e a dos seus por unhas moedas, a quen traicionaron a súa raza, o seu sangue e a súa historia, y a quen ergueron e espallaron a mentira.  

  A Ceiba Nai, a sustentadora de mundos, berrará tan forte que ata a xordeira máis alonxada escoitará o seu clamor ferido. E 7 voces lonxanas achegaranselle. E abrazarana. 7 brazos lonxanos. E 7 puños distintos se lle unirán. A Ceiba Nai erguerá entón as súas naguas e os seus mil pés patearán e desencarrilarán os camiños de ferro. As máquinas de rodas sairánse dos seus camiños de metal. As aguas rebordarán de ríos e lagoas, e o mesmo mar bruará con furia. Abriranse entón as entrañas das terras e ceos en todos os mundos.

  Entón a máis primeira, a terra nai, elevarase e reclamará con lume sua súa casa e o seu lugar.  E por riba das soberbias edificacións do Poder, avanzarán árbores, plantas e animais, e cos seus corazóns vivirá novamente o Votán Zapata, garda e corazón do poblo.  E o xaguar camiñará novamente os seus roteiros ancestrales, reinando outra vez onde quixeron reinar o diñeiro e os seus lacaios.  

 E o poderoso non morrerá sen antes ver como a súa ignorante soberbia derrúbase apenas sen facer ruído.  E no seu derradeiro alento coñecerá o Mandón que xa no será máis, se é o caso un mala lembranza no mundo que se rebelou e resistu á morte que o seu mandar mandaba.  

  E isto din que din os mortos de sempre, os que morrerán novamente pero entón para vivir.

  E din que din que se coñeza esta palabra en vales e montañas; que se saiba en desfiladeiros e chairas; que o repita o páxaro tapacamino e así aperciba os pasos do corazón que anda irmán; que a choiva e o sol o sementen na ollada de quen habitan estas terras; e que o vento a leve lonxe e aniñe no pensamento compañeiro.

  Porque cousas terribles e marabillosas por vir, verán estes ceos e terras.

  E o xaguar camiñará novamente os seus roteiros ancestrais, reinando novamente onde quixeron reinar o diñeiro e os seus lacaios.”

  Cala o Vello Antonio e, con el, a choiva. Nada durme. Todo soña.

-*-

Desde as montañas do Sueste Mexicano.

SupGaleano México, Outubro do 2020.

Do Cuaderno de Apuntes del Gato-Perro: Parte II.- Os caiucos.

Lémbrovos que as divisións entre países só serven para tipificar o delito de «contrabando» e para darlle senso ás guerras. Está claro que existen, cando menos, dúas cousas que están por riba das fronteiras: a unha é o crime que, disfrazado de modernidade, distribúe a miseria a escala mundial; a outra é a esperanza de que a vergoña só exista cando un erra de paso no baile, e non de cada vez que nos miramos nun espello. Para acabar co primeiro e para facer florear a segunda, só é preciso loitar e ser mellores. O demáis vén por si mesmo e é o que adoita encher bibliotecas e museos. No é preciso conquistar o mundo, basta con construílo novamente. Ben. Saúde e sabede que, para o amor, unha cama é só un pretexto; para o baile, una tonada é só un atavío; e para loitar, a nacionalidade é sólo un contratempo meramente circunstancial.

Don Durito de La Lacandona, 1995

O SubMoy estaba dicíndolle a Maxo que quizais habería que probar con madeira balsa (“corcho” chámano aquí), pero o enxeñeiro naval alegaba que, ao ser más liviana, a corrente ía arrastrala peor.  “Pero dixeches que non hai corrente no mar”.  “Máis hai”, defendeuse Maxo.  O SubMoy díxolles aos outros comités que seguía a seguinte proba: caiucos.  

Puxéronse a labrar varios caiucos.  Con machadas e machetes foron dándolle forma e vocación mariña a troncos que orixinalmente servían como leña para o lar.  Como o SubMoy ausentouse uns intres, foron a preguntarlle ao SupGaleano se lle poñían nome ás embarcacións.  O Sup estaba mirando como o Monarca revisaba un vello motor diesel, co que respondeu distraído: “Si, claro”.  

Marcharon e comezaron a calar e a pintar nos costados nomes racionais e mesurados.  Nun líase: “El Chompiras Nadador y Brinca Charcos”.  Outro: “El internacionalista. Una cosa es una cosa y otra cosa es dont fuck me, compadre”.  Un máis: “Orita vengo, no me tardo mi amor”.  O de alá: “Pos va en su cuenta, pa´ qué me invitan”.  Os do puy Jacinto Canek bautizaron seu como “Jean Robert”, que era así o seu xeito facelo acompañar a viaxe.  

Nun máis alonxado alcanzábase a ler: “Ya para qué llorar si lo que sobra es agua salada”, e de seguido continuaba: “Este barco fue hecho por la Comisión Marítima del municipio autónomo rebelde zapatista. “Critícannos que lles poñemos un nome moi longo aos MAREZ e Caracoles, pero para nós está ben, da Junta de Buen Gobierno“También”. Producto perecedero. Data de caducidade: depende. As nosas embarcacións non se afunden, senón que caducan, non é o mesmo. Contratacións de fabricantes de caiucos e musiqueros no CRAREZ (non inclúe marimba nin equipo de son –porque basta que se afundan y e non os podemos repor-, pero si que cantamos con moita ansia… bon, máis ou menos. Pois depende). Este caiuco só cotiza nas bolsas de resistencia.  Continuará no próximo caiuco…”, (claro, haberá que dar a volta arredor do caiuco e nas paredes internas para ler completo o “nome”; si, ten vostede razón, o submarino inimigo vai tardar tanto tempo en transmitir o nome completo da nave a afundir que, cando remate, a embarcación xa terá atracado nas costas europeas).

O caso é que, mentres labraban os troncos, correuse o conto. O amado Amado contoulle a Pablito que lle contou ao Pedrito que informou a Defensa Zapatista que o consultou coa Esperanza que lle dixo á Calamidad “non llo digas a ninguén” que o contou aos seus mamaces que o dixo no grupo de “como mujeres que somos”.

  Cando lle dixeron ao SupGaleano que viñan as mulleres, o Sup encolleuse de ombros e pasóulle ao Monarca a chave que chaman española, de media polgada, mentres cuspía anacos da boca da súa cachimba.

Ao pouco chegou o Jacobo: “Oes Sup, vaise demorar o SubMoy?”.

“Nin idea”, respondeu o SupGaleano mentres ollaba desconsolado  a súa cachimba crebada.

Jacobo: “E ti sabes cantos van viaxar?”.

O Sup: “A Europa de embaixo aínda non respondeu cantas poden acoller. Por que?”.

Jacobo: “Pois é que…  mellor vén para que o vexas”.

O SupGaleano rompeu outra cachimba mirando a “frota” zapatista. Na ribeira do río, os 6 caiucos con nomes estrafalarios, aliñados, estaban cheos de macetas e flores.

“E iso?”, preguntou o Sup só por trámite.

“É a carga das compañeiras”, respondeu Rubén resignado.

El Sup: “A súa carga?”.

Rubén: “Si, viñeron e só dicían “isto vaise a ocupar” e foron deixando esas plantiñas. E logo veu unha rapaza que non sei como se chama pero preguntou que se a viaxe vai tardar en facerse, ou sexa que se se vai demorar a chegada a onde imos. Pregunteille por que, que se é que van as súas mamaces ou que. Díxome que non, que era porque quería mandar unha árbore, así pequeniña, que de súpeto, se dilatamos na viaxe, pois xa chega xa medradiño e podemos tomar pozol á sombra se se pon moi bravo o sol.”

“Pero se son todas iguais”, alegou o Sup (referíndose ás plantas, claro).

  “Non”, dixo a comité Alejandra. “Ésta é estafiate, para a dor de barriga; esa é tomiño; aquela é hierbabuena; alá camomila, ourego, pirixel, coandro, loureiro, epazote, zábila; esta é por se tés cagarría, esta para queimaduras, esa para mal de soño, alá por se doe un dente, aquí a de cólicos, esta chámase sánalo todo, a outra de aló para a bocallada, tambén momo, yerba mora, ceboliño, ruda, xeranios, caraveles, tulipáns, rosas, mañanitas; e demáis”.

Jacobo se sintió obligado a aclarar: “Era rematar un caiuco, e cando volvíamos a mirar, xa estaba cheo de plantas.  Outro, e outra vez cheo.  Xa levamos 6, por iso pregunto se seguimos facendo máis, porque igual vanse ir enchendo.”

“Pero se mandan todo iso, onde van ir as compañeiras?” quixo razoar o Sup cunha compañeira, coordinadora de mulleres, que cargaba nos brazos dúas macetas e un raparigo no seu mantón terzado ás costas.

“Ah, e logo van ir homes?”, dixo ela.

“Sexa como sexa, tampouco van caber as mulleres”, aduciu o Sup, ao bordo dun ataque de nervios”.

Ela: “Ah, é que nós non imos ir en barco.  Nós ímonos a ir en avión, para non vomitar.  Bo, sempre se devolve algo, pero así menos.”

Sup: “E quen vos falou a vós de ir en aeroplano?.”

Ela: “Nós mesmas”.

Sup: “Pero de onde sacastes toda esa leria que me estás contando?.

Ela: “É que chegou a Esperanza na reunión de como mujeres que somos e informounos que todas imos morrer miserablemente se imos cos demos dos homes. Entón pensámolo en asemblea e concordamos  que non temos medo e estamos moi dispostas e decididas a que aínda que os homes morran miserablemente, nós non”.

“Xa botamos números e imos alugar o aeroplano que mercou o Calderón para o Peña Nieto e que os malos gobernos de agora xa no saben como facer.  Dín que 500 pesos a pesaxe por persoa.  Van apuntadas 111 compañeiras, pero creo que faltan os equipos de fútbol das milicianas.  Así que, se só imos 111, serían 55,500.00 pesos, pero mulleres e crianzas só pagan a metade, logo quedaría en 27,750.  Falta descontar o IVE e a bonificación por gastos de representación, así que digamos que uns 10 mil pesos por todas.  Iso se o dólar non devalúa, entón pois menos.  Pero, para non estar pedindo cartos, ímoslles dar o boi do meu compadre, que está igual que non digo quen, pero que lle imos facer, así son todos os machitos“.

O SupGaleano quedou calado de vez, tratando de lembrarse onde demo deixara a cachimba de emerxencia.  Pero cando viu que as mulleres comezaron a carrexar galiñas, galos, polos, cuches, patos e guajolotes, díxolle ao Monarca: “Lixeiro, chama ao SubMoy e dille que é moi urxente que veña”.

A procesión de mulleres, plantas e animais alongábase máis aló do potrero.  Seguíalles a fila da cuadrilla de Defensa Zapatista: a columna da horda abríaa o Pablito, que xa en modo “se non podes con elas, únete”, levaba o seu cabalo, seguido do amado Amado coa súa bicicleta –coa lamia ponchada-.  Daquela o gato-perro arreando un fato de gando.  Defensa e Esperanza medían os caiucos calculando se entraban as portarías.  O cabalo choco levaba no fuciño unha rede con garrafas de plástico.  Calamidade pasou cargando un cucho que berraba aterrado, temendo que o lanzasen ao río para rescatalo despois… non é?

Pechaba a columna alguén que se semellaba extraordinariamente a un escaravello, cun parche pirata no ollo destro, un arame retorto nunha das patillas –a maneira de garfo-, e noutra unha especie de pata de pau, aínda que non fose máis que unha racha dalgún dos bejucos labrados.  O estraño ser, empuñando unha lámina de cobre bocas, declamaba con eloxiable entoación:  “Con diez cañones por banda, / viento en popa, a toda vela, / no corta el mar sino vuela / un velero bergantín. / Bajel pirata que llaman / por su bravura “El Temido”, / En todo el mar conocido / del uno al otro confín.”.

  Cando regresou o Subcomandante Insurxente Moisés, xefe da expedición en cernes, atopou ao SupGaleano sorrindo inexplicablemente. O Sup atopara outra cachimba, esta sen romper, dentro do peto do seu pantalón.

Dou Fe. Guau-Miau.

https://vimeo.com/469379048
https://youtu.be/80EIfHMndnQ
https://youtu.be/MsDF2H5DDV4
Categories: porlavida