{"id":982,"date":"2020-10-15T22:26:31","date_gmt":"2020-10-15T22:26:31","guid":{"rendered":"https:\/\/viajezapatista.eu\/quinta-parte-la-mirada-y-la-distancia-a-la-puerta\/"},"modified":"2021-06-10T19:05:35","modified_gmt":"2021-06-10T19:05:35","slug":"quinta-parte-la-mirada-y-la-distancia-a-la-puerta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/quinta-parte-la-mirada-y-la-distancia-a-la-puerta\/","title":{"rendered":"Quinta Parte: A ollada e a distancia \u00e1 porta"},"content":{"rendered":"\n<p>Publicaci\u00f3n orixinal en <a href=\"http:\/\/enlacezapatista.ezln.org.mx\/2020\/10\/09\/quinta-parte-la-mirada-y-la-distancia-a-la-puerta\/\" target=\"_blank\" title=\"Ir ao comunicado orixinal en Enlace Zapatista\" rel=\"noopener\">Enlace Zapatista<\/a>:<\/p>\n\n<p><strong>Quinta Parte: A OLLADA E A DISTANCIA \u00c1 PORTA..<\/strong><\/p>\n\n<p>Outubro do 2020.<\/p>\n\n<p>Supo\u00f1amos que \u00e9 posible elixir, por exemplo, a ollada. Supo\u00f1amos que vostede pode librarse, as\u00ed sexa por un momento, da tiran\u00eda das redes sociais que impo\u00f1en non s\u00f3 o que se mira e de que se fala, tam\u00e9n como ollar e como falar. Ent\u00f3n, supo\u00f1amos que vostede levanta a s\u00faa ollada. M\u00e1is arriba: do inmediato ao local ao rexional ao nacional ao mundial. Veo? Certo, un caos, un barullo, unha desorde. Ent\u00f3n supo\u00f1amos que vostede \u00e9 un ser humano; vaia, que non \u00e9 unha aplicaci\u00f3n dixital que, velozmente, mira, clasifica, xerarquiza, xulga e sanciona. Ent\u00f3n vostede elixe que mirar&#8230; e como mirar. Puidese ser, \u00e9 un suposto, que mirar e xulgar non sexan o mesmo. As\u00ed que vostede non s\u00f3 elixe, tam\u00e9n decide. Cambiar a pregunta de &#8220;iso, est\u00e1 mal ou ben?&#8221;, a &#8220;que \u00e9 iso?&#8221;. Claro, a primeira cuesti\u00f3n leva a un debate\u00a0 ben sabedor (a\u00ednda hai debates?). E de a\u00ed ao &#8220;Iso est\u00e1 mal -ou ben- &#8220;porque eu o digo&#8221;. Ou, talvez, hai unha discusi\u00f3n sobre que \u00e9 o ben e o mal, e de a\u00ed aos argumentos e citas con p\u00e9 de p\u00e1xina. Certo, ten vostede raz\u00f3n, iso \u00e9 mellor que recorrer a &#8220;likes&#8221; e &#8220;mans arriba&#8221;, pero prop\u00faxenlle cambiar o punto de partida: elixir o destino da s\u00faa ollada.<\/p>\n\n<p>Por exemplo: vostede decide ollar cara os musulm\u00e1ns. Pode vostede elixir, por exemplo, entre quen perpetraron o atentado contra Charlie Hebdo ou entre quen marchan agora polos cami\u00f1os de Francia para reclamar, esixir, impo\u00f1er os seus dereitos. Se vostede chegou a estas li\u00f1as, \u00e9 moi probable que se tome partido polos <em>sans papiers. <\/em>Claro, tam\u00e9n se sente vostede na obriga de declarar que Macron \u00e9 un imb\u00e9cil.&#013;\n&#013;\nPero, deixandor esa r\u00e1pida ollada cara arriba, vostede volve mirar as concentraci\u00f3ns, campamentos e marchas das migrantes. Vostede preg\u00fantase polo n\u00famero. Par\u00e9cenlle moitos, ou poucos, ou demasiados, ou suficientes. Pasou da identidade relixiosa \u00e1 cantidade.&#013;\n&#013;\nE ent\u00f3n vostede preg\u00fantase que queren, por que loitan. E aqu\u00ed vostede decide si acode aos medios e as redes para sabelo&#8230; ou esc\u00f3itaos. Supo\u00f1a que lles pode preguntar. Preg\u00fantalles vostede a s\u00faa crenza relixiosa, cantos son? Ou lles pregunta por que abandonaron a s\u00faa terra e decidiron chegar a chans e ceos que te\u00f1en outra lingua, outra cultura, outras leis, outras usanzas? Talvez lle respondan cunha soa palabra: guerra. Ou talvez lle expliquen polo mi\u00fado o que esa palabra significa na s\u00faa realidade. Guerra.&#013;\n&#013;\nVostede decide investigar: guerra onde? Ou, m\u00e1is mellor. por que esa guerra? Ent\u00f3n asol\u00e1gano con explicaci\u00f3ns: crenzas relixiosas, disputas territoriais, espolio de recursos ou, simplemente, estupidez. Pero vostede non se conforma e pregunta quen se beneficia da destruci\u00f3n, do despoboamento, da reconstruci\u00f3n, do repoboamento.&#013;\n&#013;\nAtopa os datos de diversas corporaci\u00f3ns. Investiga \u00e1s corporaci\u00f3ns e descobre que est\u00e1n en varios pa\u00edses, e que fabrican non s\u00f3 armas, tam\u00e9n automobiles, foguetes interestelares, fornos de microondas, servizos de paquetar\u00eda, bancos, redes sociais, contido medi\u00e1tico, roupa, tel\u00e9fonos m\u00f3biles e computadoras, calzado, alimentos org\u00e1nicos e non, empresas navais, vendas en li\u00f1a, trens, xefes de goberno e gabinetes, centros de investigaci\u00f3n cient\u00edfica e non, cadeas de hoteis e restaurantes, comida r\u00e1pida, li\u00f1as a\u00e9reas, termoel\u00e9ctricas e, claro, fundaci\u00f3ns de axuda &#8220;humanitaria&#8221;. Vostede poder\u00eda dicir, ent\u00f3n, que a responsabilidade \u00e9 da humanidade ou do mundo enteiro.&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>\u00a0Pero vostede preg\u00fantase se o mundo ou a humanidade non son responsables, tam\u00e9n, desa marcha, concentraci\u00f3n, campamento de migrantes, desa resistencia. E chega ent\u00f3n a conclu\u00edr que, pode ser, \u00e9 probable, talvez, sexa responsable todo o sistema na s\u00faa integridade. Un sistema que produce e reproduce a dor, a quen o infrinxen e a quen a padecen.<\/p>\n\n<p>Agora volva vostede a ollada \u00e1 marcha que percorre os cami\u00f1os da Francia. Supo\u00f1a que son poucos, moi poucos, que s\u00f3 \u00e9 unha muller que carga a s\u00faa crianza. Imp\u00f3rtanlle agora a s\u00faa crenza relixiosa, a s\u00faa lingua, as s\u00faas roupas, a s\u00faa cultura, as s\u00faas usanzas? Imp\u00f3rtanlle que sexa s\u00f3 unha muller que leva a s\u00faa crianza no colo? Agora esqu\u00e9zase da muller por un momento e enfoque a s\u00faa mirada s\u00f3 na criatura. Importa si \u00e9 var\u00f3n ou femia ou <em>otroa<\/em>? A s\u00faa cor de pel? Talvez descubra vostede, agora, que o que importa \u00e9 a s\u00faa vida.<\/p>\n\n<p> Agora, vaia m\u00e1is al\u00f3, logo de todo xa chegou vostede ata estas li\u00f1as, as\u00ed que unhas m\u00e1is non lle far\u00e1n dano. Ben, non moito dano.<\/p>\n\n<p>Supo\u00f1a que esa muller f\u00e1lalle e vostede ten o privilexio de entender o que lle diga. Vostede cre que ela lle esixir\u00e1 que lle pida perd\u00f3n pola cor da s\u00faa pel, a s\u00faa crenza relixiosa ou non, a s\u00faa nacionalidade, os seus devanceiros, a s\u00faa lingua, o seu x\u00e9nero, as s\u00faas usanzas? Vostede apres\u00farase a pedirlle perd\u00f3n por ser quen \u00e9? Espera que ela lle perdoe e vostede regrese \u00e1 s\u00faa vida con esa conta saldada? Ou que ela non lle perdoe e vostede d\u00edgase &#8220;bem, polo cando menos intenteino e estou sinceramente arrepentido de ser quen son&#8221;?<\/p>\n\n<p>Ou teme que ela non lle fale, que s\u00f3 lle mire en silencio, e vostede senta que esa mirada preg\u00fantalle <em>&#8220;E ti, que&#8221;?<\/em> ?<\/p>\n\n<p>\u00a0 Se chega vostede a este razonamento-sentimento-anguria-desesperaci\u00f3n, ent\u00f3n, lam\u00e9ntoo, vostede non ten remedio: vostede \u00e9 un ser humano.<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p>Aclarado as\u00ed que vostede non \u00e9 un <em><strong>bot<\/strong><\/em>, repita o exercicio na Illa de Lesbos; no <em>Pe\u00f1\u00f3n<\/em> de Xibraltar; na Canle da Mancha; en N\u00e1poles; no r\u00edo Suchiate; no r\u00edo Bravo.<\/p>\n\n<p>Agora mova a s\u00faa ollada e busque Palestina, Kurdist\u00e1n, Euskadi e Wallmapu. Si, seino, marea un pouco&#8230; e non \u00e9 todo. Pero neses lugares, hai quen (moitos ou poucos ou demasiados ou suficientes) tam\u00e9n loitan pola vida. Pero resulta que conciben a vida ligada inseparablemente \u00e1 s\u00faa terra, \u00e1 s\u00faa lingua, \u00e1 s\u00faa cultura, \u00e1s s\u00faas usanzas. A iso que o Congreso Nacional Ind\u00edgena ensinounos a chamar &#8220;territorio&#8221;, e que non \u00e9 s\u00f3 un pedazo de terra. Non ten a tentaci\u00f3n de que esas persoas lle conten a s\u00faa historia, a s\u00faa loita, os seus so\u00f1os? Si, seino, talvez sexa mellor para vostede recorrer \u00e1 Wikipedia, pero non lle tenta escoitalo directamente e tratar de entendelo?<\/p>\n\n<p>\u00a0 Retorne agora a iso que est\u00e1 entre os r\u00edos Bravo e Suchiate. Ach\u00e9guese a un lugar que se chama &#8220;Morelos&#8221;. Unha nova aproximaci\u00f3n da s\u00faa mirada ao municipio de Temoac. Enfoque agora a comunidade de Amilcingo. Olla vostede esa casa? \u00c9 a casa dun home que en vida levou o nome de Samir Flores Soberanes. Fronte a esa porta foi asasinado. O seu delito? Opo\u00f1erse a un megaproxecto que representa morte para a vida das comunidades \u00e1s que pertence. Non, non me equivoquei na redacci\u00f3n: Samir \u00e9 asasinado non por defender a s\u00faa vida individual, sen\u00f3n a das s\u00faas comunidades.<\/p>\n\n<p>A\u00ednda m\u00e1is: Samir foi asasinado por defender a vida de xeraci\u00f3ns que a\u00ednda non son nin pensadas. Porque para Samir, para as s\u00faas compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros, para os pobos orixinarios agrupados no CNI e para n\u00f3s, nosotroas, zapatistas, a vida da comunidade non \u00e9 algo que transcorra s\u00f3 no presente. \u00c9, sobre todo, o que vir\u00e1. A vida da comunidade \u00e9 algo que se constr\u00fae hoxe, pero para o ma\u00f1\u00e1. A vida na comunidade \u00e9 algo que se herda, pois. Vostede cre que a conta s\u00e1ldase se os asasinos -o intelectual e o material- piden perd\u00f3n? Pensa que a s\u00faa familia, a s\u00faa organizaci\u00f3n, o CNI, n\u00f3s, quedaremos conformes con que pidan perd\u00f3n os criminais. &#8220;Perd\u00f3enme, eu sinaleino para que os sicarios procedesen a executalo, e sempre fun un laretas. Verei de corrixirme, ou non. Xa lles ped\u00edn perd\u00f3n, agora disolvan a s\u00faa concentraci\u00f3n e imos rematar a termoel\u00e9ctrica, porque se non, vaise a perder moito di\u00f1eiro&#8221;.&#013;\n&#013;\nVostede sup\u00f3n que iso esperan, esperamos, que por iso loitan, loitamos? Para que pidan perd\u00f3n? Que declaren: &#8220;desculpen, si, asasinamos a Samir e, de paso, con este proxecto, asasinamos \u00e1s s\u00faas comunidades. Xa pois, perd\u00f3ennos. E se non nos perdoan, pois non nos importa, o proxecto tense que rermatar&#8221;?<\/p>\n\n<p>E resulta que os mesmos que pedir\u00edan perd\u00f3n pola termoel\u00e9ctrica, son os mesmos do Tren mal chamado &#8220;Maia&#8221;, os mesmos do &#8220;corredor trans\u00edstmico&#8221;, os mesmos de presas, minas ao descuberto e centrais el\u00e9ctricas, os mesmos que pechan fronteiras para deter a migraci\u00f3n provocada polas guerras que eles mesmos alimentan, os mesmos que perseguen ao Mapuche, os mesmos que masacran ao Kurdo, os mesmos que destr\u00faen Palestina, os mesmos que disparan aos afroamericanos, os mesmos que explotan (directa ou indirectamente) a traballadorxs en calquera recuncho do planeta, os mesmos que cultivan e enaltecen a violencia de x\u00e9nero, os mesmos que prostit\u00faen \u00e1 infanciaz, os mesmos que lle esp\u00edan a vostede para saber que lle gusta e venderlle iso -e se non lle gusta nada, pois fan que lle guste-, os mesmos que destr\u00faen a natureza.&#013;\n&#013;\nOs mesmos que queren facerlle crer, a vostede, aos demais, a n\u00f3s, que a responsabilidade dese crime mundial e en marcha, \u00e9 responsabilidade de naci\u00f3ns, de crenzas relixiosas, de resistencia ao progreso, de conservadores, de linguas, de historias, de usanzas.Que todo se sintetiza nun individuo&#8230; ou individua (non esquecer a paridade de x\u00e9nero).<\/p>\n\n<p>Se puid\u00e9sese ir a todos eses recunchos deste planeta moribundo, que far\u00eda vostede? Ben, non sabemos. Pero n\u00f3s,, nosotroas, zapatistas, iriamos aprender. Claro, tam\u00e9n a bailar, pero unha cousa non excl\u00fae \u00e1 outra, creo. Se houbera esa oportunidade estariamos en disposici\u00f3narriscalo todo, todo. Non s\u00f3 a nosa vida individual, tam\u00e9n a nosa vida colectiva. E se non existise esa posibilidade, loitariamos por creala. Por constru\u00edla, coma se tratara dun nav\u00edo.&#013;\n&#013;\nSi, seino, \u00e9 unha tolemia. Algo impensable. A quen se lle ocorrer\u00eda que o destino de quen resisten \u00e1 termoel\u00e9ctrica, nun pequerrecho recuncho de M\u00e9xico, poder\u00eda ser de interese para Palestina, o Mapuche, o vasco, o migrante, o afroamericano, a moza ambientalista sueca, a guerreira kurda, a muller que loita noutra parte do planeta, Xap\u00f3n, China, as Coreas, Ocean\u00eda, a \u00c1frica nai?.<\/p>\n\n<p>Non deberiamos, en cambio, ir, por exemplo, a Chablekal, en Yucat\u00e1n, ao local do Equipo Indignaci\u00f3n, e reclamarlles: &#8220;Ei! Vostedes son de pel branca e son crentes, pidan perd\u00f3n!&#8221;? Caseque estou seguro de que responder\u00edan: &#8220;non hai problema, pero agarden a s\u00faa quenda, porque agora estamos ocupadas en acompa\u00f1ar a quen se resisten ao Tren Maya, a quen sofren refugallos, persecuci\u00f3n, c\u00e1rcere, morte.&#8221; E engadir\u00edan:<\/p>\n\n<p>&#8220;Ademais temos que atender a acusaci\u00f3n que o supremo fainos de que estamos financiadas polos <em>Iluminatti<\/em> como parte dun complot interplanetario para deter \u00e1 4T&#8221;. Do que si estou seguro \u00e9 que usar\u00edan o verbo &#8220;acompa\u00f1ar&#8221;, e non os de &#8220;dirixir&#8221;, &#8220;mandar&#8221;, &#8220;conducir&#8221;.<\/p>\n\n<p>Ou deberiamos mellor invadir as Europas ao berro de <em>&#8220;\u00a1r\u00e9ndanse cara-p\u00e1lidas!&#8221;<\/em>, e destru\u00edr o Parten\u00f3n, o Louvre e o Prado e, en lugar de esculturas e pinturas, encher todo de bordados zapatistas, especialmente de cobre bocas zapatistas -que, de certo, son eficaces e boniti\u00f1as-; e, en lugar de pastas, mariscos e paellas, impo\u00f1er o consumo de <em>elotes<\/em>, <em>cacat\u00e9<\/em> e <em>yerba mora<\/em>; en lugar de refrescos, vi\u00f1os e cervexas, <em>pozol<\/em> obrigatorio; e quen salga \u00e1 r\u00faa sen pasamonta\u00f1as, multa ou c\u00e1rcere (si, opcional, porque tampouco hai que esaxerar); e exclamar <em>&#8220;\u00a1A ver, eses rockeiros, marimba obrigatoria! \u00a1E desde agora puras cumbias, nada de que reggaeton (t\u00e9ntalle, verdade?)! \u00a1A ver ti, Panchito Varona e Sabina, os demais aos coros, arr\u00ednquense con &#8220;Cartas Marcadas&#8221;, e en loop, a\u00ednda que nos dean as dez, as once, as doce, a unha, as d\u00faas e as tres&#8230; e xa, porque ma\u00f1\u00e1 hai que madrugar! Oes outro ti, ex rei p\u00e9s-en-polvorosa, deixa en paz a eses elefantes e ponte a coci\u00f1ar! \u00a1Sopa de cabaza para toda a corte!&#8221;<\/em> &#8230; (seino, a mi\u00f1a crueldade \u00e9 exquisita).&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p> Agora d\u00edgame: vostede cre que o pesadelo dos de arriba \u00e9 que lles obriguen a pedir perd\u00f3n? Non ser\u00e1 que o que lles poboa o so\u00f1o de cousas horrendas \u00e9 que desaparezan, que non importen, que non se lles tome en conta, que sexan nada, que o seu mundo se derrube sen apenas facer ru\u00eddo, sen ningu\u00e9n que lles recorde, que lles erixa estatuas, museos, c\u00e1nticos, d\u00edas de gardar? Non ser\u00e1 que lles d\u00e1 p\u00e1nico a posible realidade?.<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p>Foi das poucas veces que o finado SupMarcos non recorreu a un s\u00edmil cin\u00e9filo para explicar algo. Porque, non est\u00e1n vostedes para sabelo, nin eu para contarlles, o defunto pod\u00eda referir as etapas da s\u00faa curta vida, cada unha, a unha pel\u00edcula. Ou acompa\u00f1ar unha explicaci\u00f3n sobre a situaci\u00f3n nacional ou internacional cun &#8220;como na pel\u00edcula tal&#8221;. Claro, m\u00e1is dunha vez ti\u00f1a que recompo\u00f1er o gui\u00f3n para que se axustase ao narrado. Como a maior\u00eda de n\u00f3s non viramos o filme referido, e non ti\u00f1amos sinal para consultar nos celulares a wikipedia, pois lle criamos. Pero non nos desviemos do tema. Esperen, creo que o deixou escrito nalg\u00fan deses papeis que saturan o seu ba\u00fal dos recordos&#8230; \u00a1Aqu\u00ed est\u00e1! Vai pois:<\/p>\n\n<p><em>&#8220;Para entender o noso af\u00e1n e o tama\u00f1o do noso atrevemento, imaxinen que a morte \u00e9 unha porta que se cruza. Haber\u00e1 moitas e variadas especulaci\u00f3ns sobre o que hai detr\u00e1s desa porta: o ceo, o inferno, o limbo, a nada. E sobre esas opci\u00f3ns, decenas de descrici\u00f3ns. A vida, ent\u00f3n, poder\u00eda ser concibida como o cami\u00f1o cara a esa porta. A porta, a morte pois, ser\u00eda as\u00ed un punto de chegada&#8230; ou unha interrupci\u00f3n, a impertinente tallada da ausencia ferindo o aire da vida.<\/em><\/p>\n\n<p><em>A esa porta chegar\u00edase, ent\u00f3n, coa violencia da tortura e o asasinato, a desgraza dun accidente, o penoso entornar a porta nunha enfermidade, o cansazo, o desexo. \u00c9 dicir, a\u00ednda que a maior\u00eda das veces cheg\u00e1base a esa porta sen desexalo nin pretendelo, tam\u00e9n ser\u00eda posible que fose unha elecci\u00f3n.<\/em><\/p>\n\n<p><em>Nos pobos orixinarios, hoxe zapatistas, a morte era unha porta que se plantaba case ao comezo da vida. A infancia top\u00e1base con ela antes dos 5 anos, e cruz\u00e1baa entre febres e diarreas. O que fixemos o primeiro de xaneiro de 1994 foi tratar de afastar esa porta. Claro, houbo que estar dispostos a cruzala para logralo, a\u00ednda que non o desex\u00e1semos. Desde ent\u00f3n todo o noso empe\u00f1o foi, e \u00e9, por afastar esa porta o m\u00e1is posible. &#8220;Alargar a esperanza de vida&#8221;, dir\u00edan os especialistas. Pero vida digna, engadir\u00edamos n\u00f3s. Afastala ata lograr colocala ao car\u00f3n, pero moi adiante do cami\u00f1o. Por iso dixemos ao comezo do alzamento que &#8220;para vivir, morremos&#8221;. Porque se non herdamos vida, \u00e9 dicir cami\u00f1o, ent\u00f3n para que vivimos?&#8221;.<\/em><\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p>\u00a0 Herdar vida.<\/p>\n\n<p>Iso \u00e9 xustamente o que lle preocupaba a Samir Flores Soberanes. E iso \u00e9 o que pode sintetizar a loita do <strong><em>Frente de Pueblos en Defensa del Agua y de la Tierra de Morelos, Puebla y Tlaxcala<\/em><\/strong>, na s\u00faa resistencia e rebeld\u00eda contra a Termoel\u00e9ctrica e o chamado &#8220;Proxecto Integral Morelos&#8221;. \u00c1s s\u00faas demandas de deter e desaparecer un proxecto de morte, o mal goberno responde argumentando que se perder\u00eda moito di\u00f1eiro.<\/p>\n\n<p> A\u00ed, en Morelos, sintet\u00edzase a confrontaci\u00f3n actual en todo o mundo: di\u00f1eiro versus vida. E nese enfrontamento, nesa guerra, ningunha persoa honesta deber\u00eda ser neutral: ou co di\u00f1eiro, ou coa vida.<\/p>\n\n<p> As\u00ed que, poderiamos conclu\u00edr, a loita pola vida non \u00e9 unha obsesi\u00f3n nos pobos orixinarios. \u00c9 m\u00e1is ben&#8230; unha vocaci\u00f3n&#8230; e colectiva.<\/p>\n\n<p>Ben.\u00a0 Sa\u00fade y que non esquezamos que perd\u00f3n e xustiza non son o mesmo.<\/p>\n\n<p>Desde as monta\u00f1as dos Alpes, dubidando qu\u00e9 invadir primeiro: Alema\u00f1a, Austria, Suiza, Francia, Italia, Eslovenia, M\u00f3naco, Liechtenstein?\u00a0 Nah, \u00e1 broma\u2026 ou non?<\/p>\n\n<p>O SupGaleano practicando o seu \u201cg\u00f3mito\u201d m\u00e1is elegante.<\/p>\n\n<p>M\u00e9xico, Outubro do 2020.<\/p>\n\n<p><strong>Do <em>Cuaderno de Apuntes del Gato-Perro<\/em>: <\/strong>Unha monta\u00f1a en alta mar.Parte I: A balsa.<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: left\"><em>\u201cE nos mares de todos os mundos que no mundo son,&#013;\n<\/em><em>oll\u00e1ronse monta\u00f1as que se mov\u00edan sobre a auga e, coa faciana negada, mulleres, homes e otroas sobre elas<\/em>\u201d.&#013;\n<small><strong>\u201cCr\u00f3nicas del ma\u00f1ana\u201d. Don Durito de La Lacandona. 1990.<\/strong><\/small><\/p><\/p>\n\n<p>Ao terceiro intento en balde, <em>Maxo<\/em> quedou pensativo e, despois duns segundos, exclamou: \u201c<em>Quere lazo<\/em>\u201d.\u00a0 \u201c<em>D\u00edxencho<\/em>\u201d, obviou Gabino.\u00a0 Os restos da balsa aboiaban dispersos, batendo uns cos outros ao gosto da corrente do r\u00edo que, facendo honra ao seu nome de \u201cColorado\u201d, pint\u00e1base do barro avermellado que arrincaba das ribeiras.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Chamaron ent\u00f3n a un escuadr\u00f3n miliciano de cabalar\u00eda, que chegou ao ritmo da \u201cCumbia Sobre el R\u00edo Suena\u201d, do mestre Celso Pi\u00f1a. Foron empalmando lazadas e fixeron dous tramos largos.\u00a0 Mandaron a un equipo ao outro lado do r\u00edo.\u00a0 Amarradas as s\u00faas lazadas \u00e1 balsa, ambos os grupos poder\u00edan controlar o traxecto do nav\u00edo sen que acabara desfeito, arrastrado o brazado de troncos por un r\u00edo que nin sequera se decataba da tentativa de navegaci\u00f3n.<\/p>\n\n<p>O desprop\u00f3sito en curso xurdiu despois de que se decidiu a invasi\u00f3n\u2026, perd\u00f3n, a visita aos cinco continentes.\u00a0 E pois xa de calquera xeito.\u00a0 Porque, cando se votou, e ao remate o SupGaleano d\u00edxolles\u00a0 \u201c<em>est\u00e1n tolos, non temos barco<\/em>\u201d, <em>Maxo<\/em> respondeu: \u201cf<em>acemos un<\/em>\u201d.\u00a0 Lixeiro comezaron a facer propostas.&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>\u00a0 Como todo o absurdo en terras zapatistas, a construci\u00f3n do \u201cbarco\u201d convocou \u00e1 banda de Defensa Zapatista.<\/p>\n\n<p>\u201cA<em>s compa\u00f1eras van morrer miseramente<\/em>\u201d, sentenciou Esperanza, co seu xa m\u00edtico optimismo (nalg\u00fan libro a rapaza atopou esa palabra e entendeu que era para referirse a algo horrible e irremediable, e \u00fasaa ao seu gosto: \u201c<em>As mi\u00f1as nais peite\u00e1ronme miseramente<\/em>\u201d,\u00a0 \u201cA<em> mestra deixoume de lado miseramente<\/em>\u201d, e as\u00ed), cando ao cuarto intento, a balsa despezouse case deseguida.<\/p>\n\n<p>\u201cE <em>os compa\u00f1eiros<\/em>\u201d, sent\u00eduse o Pedrito obrigado a engadir, dubidando se a solidariedade de x\u00e9nero era axeitado neste destino\u2026 m\u00edsero.<\/p>\n\n<p>\u201c<em>Nah<\/em>\u201d, replicou Defensa.\u00a0 \u201c<em>Compa\u00f1eiros podes repo\u00f1er como queiras , pero compa\u00f1eiras\u2026 Onde vas atopar?\u00a0 Compa\u00f1eira, en verdade compa\u00f1eira, non calquera<\/em>\u201d.<\/p>\n\n<p>A bandada de Defensa estaba colocada estratexicamente.\u00a0 Non para contemplar os avatares dos comit\u00e9s para constru\u00edr o barco.\u00a0 Defensa e Esperanza ti\u00f1an tomada da man a Calamidade, quen xa tentara d\u00faas veces botarse ao r\u00edo para rescatar a balsa, e en ambas as d\u00faas foi derrubada polo Pedrito, o Pablito e o amado Amado.\u00a0 O cabalo coxo e o <em>gato-perro<\/em> foron atropelados desde o comezo.\u00a0 Preocup\u00e1banse innecesariamente.\u00a0 Cando o SupGaleano viu que chegaba a horda, asignou 3 pelot\u00f3ns de milicianas na beira do r\u00edo.\u00a0 Coa s\u00faa habitual diplomacia e sen deixar de sorr\u00edr, o Sup d\u00edxolles: \u201c<em>Se esa cativa chega \u00e1 agua, todas morren<\/em>\u201d.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Despois do \u00e9xito no sexto intento, os comit\u00e9s probaban cargando a balsa do que deron en chamar \u201ccousas esenciais\u201d para a viaxe (unha sorte de kit de supervivencia zapatista): un costal de torradas, panela, un costali\u00f1o de caf\u00e9, algunhas bolas de pozol, un tercio de le\u00f1a, un anaco de nailon por se chove.\u00a0 Quedaron contemplando e caeron na conta de que algo faltaba.\u00a0 Claro, non tardaron en traer unha marimba.<\/p>\n\n<p><em>Maxo<\/em> foi onde o Monarca e o SupGaleano revisaban uns dese\u00f1os dos que lles contarei noutra ocasi\u00f3n, e dixo: \u201cOia<em> Sup, quero que lles mandes carta aos do outro lado: que busquen corda e que a empaten para que sexa ben longa, e l\u00e1nzana ata aqu\u00ed e ent\u00f3n desde as d\u00faas ribeiras imos movendo o \u201cbarco\u201d.\u00a0 Pero que se organizen, porque se cada quen lanza unha corda pola s\u00faa banda, pois as\u00ed non chegan.\u00a0 Quero que os levanten pois, e organizados<\/em>\u201d.<\/p>\n\n<p><em>Maxo<\/em> non agardou a que o SupGaleano sa\u00edra do seu desconcerto, e tentara explicarlle que hab\u00eda una gran diferencia entre unha balsa feita con troncos amarrados con <em>bejuco<\/em>, e un barco para cruzar o Atl\u00e1ntico.<\/p>\n\n<p><em>Maxo<\/em> foise a supervisar a proba da balsa con toda a bagaxe.\u00a0 Discutiron quen sub\u00eda para probar con persoas, pero o\u00a0 r\u00edo remex\u00edase cun murmurio sombrizo, polo que optaron por facer un moneco e espetalo no medio da embarcaci\u00f3n.\u00a0 <em>Maxo<\/em> era coma o enxe\u00f1eiro naval porque, hai anos, cando unha delegaci\u00f3n zapatista foi a dar soporte ao campamento Cucap\u00e1, meteuse ao Mar de Cort\u00e9s.\u00a0 <em>Maxo<\/em> non explicou que case afoga porque o pasamonta\u00f1as peg\u00f3uselle a nariz en boca e non era quen de respirar. \u00a0Coma un vello lobo de mar explicou: \u201c\u00e9<em> coma un r\u00edo, pero sen corrente, e m\u00e1is do dobre, ben m\u00e1is, que a lagoa de Miramar<\/em>\u201d.&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>O SupGaleano estaba tratando de descifrar como se di \u201ccorda\u201d en alem\u00e1n, italiano, franc\u00e9s, ingl\u00e9s, grego, euskera, turco, sueco, catal\u00e1n, finland\u00e9s, etc., cando a maior Irma achegouse e d\u00edxolle \u201c<em>ponlle que non est\u00e1n soas<\/em>\u201d.\u00a0 \u201c<em>Nin s\u00f3s<\/em>\u201d, engadiu o tenente coronel Rolando.\u00a0 \u201c<em>Nin sosoas<\/em>\u201d, aventurouse a Marijose, que chegou para pedir aos m\u00fasicos que fixeran unha versi\u00f3n do Lago dos Cisnes pero en cumbia.\u00a0 \u201c<em>As\u00ed, alegre pues, que se bailen pues, que no est\u00e9 triste su coraz\u00f3n<\/em>\u201d.\u00a0 Os m\u00fasicos preguntaron qu\u00e9 \u00e9 \u201ccisnes\u201d.\u00a0 \u201c<em>Son como patos pero m\u00e1s boniti\u00f1os, como que estricaron moito o seu pescozo e as\u00ed quedaron.\u00a0 Que sexa que son como xirafas pero cami\u00f1an como patos<\/em>\u201d. \u00a0\u201cE c\u00f3mense<em>?<\/em>\u201d, preguntaron os m\u00fasicos, que sab\u00edan que xa era la hora do <em>pozol<\/em> e s\u00f3 vi\u00f1eran para deixar a marimba.\u00a0 \u201c<em>Que dis!, os cisnes b\u00e1ilanse<\/em>\u201d.\u00a0 Os m\u00fasicos concordaron que unha versi\u00f3n de <em>pollito con papas<\/em> poder\u00eda valer.\u00a0 \u201c\u00cdmolo<em> estudar<\/em>\u201d, dixeron, e foron tomar <em>pozol<\/em>.<\/p>\n\n<p>Entrementres Defensa Zapatista e Esperanza convenc\u00edan a Calamidad de que, dado que o SupGaleano estaba ocupado, a s\u00faa cabana estaba baleira e era moi probable que agochara un paquete de mantecadas na caixa do tabaco.\u00a0 Calamidad dubidaba, as\u00ed que tiveron que dicirlle que al\u00e1 poder\u00edan xogar \u00e1s <em>palomitas<\/em>.\u00a0 Marcharon.\u00a0 O Sup viunos afastarse, pero non se inquedou, era imposible que atoparan o agocho das mantecadas, agachadas baixo bolsas de tabaco <em>hongueado<\/em>, e, dirix\u00edndose ao Monarca e sinalando uns diagramas, preguntoulle \u201c<em>Est\u00e1s seguro de que non afunde?\u00a0 Porque se ve que vai estar pesado<\/em>\u201d.\u00a0 O Monarca quedou pensando e respondeu: \u201c<em>De s\u00fapeto<\/em>\u201d.\u00a0 E logo dixo, serio: \u201c<em>pois que leven vexigas, as\u00ed aboian<\/em>\u201d.<\/p>\n\n<p>O Sup suspirou e dixo: \u201c<em>m\u00e1is que un barco, o que precisamos \u00e9 un chisco de sentido<\/em>\u201d. \u00a0\u201cE<em> m\u00e1is corda<\/em>\u201d, engadiu o SubMoy, que chegaba xusto no intre no que a balsa, ata os topes de carga, afund\u00edase.<\/p>\n\n<p>Mentres na ribeira o grupo de Comit\u00e9s contemplaba os restos do afundimento e a marimba flotando patas arriba, algu\u00e9n dixo: \u201c<em>sorte que non subimos o equipo de son, \u00e9se es m\u00e1is caro<\/em>\u201d.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Todos aplaudiron cando aboiou o moneco de trapo.\u00a0 Algu\u00e9n, previsor, pux\u00e9ralle, baixo os brazos, d\u00faas vexigas inchadas.<\/p>\n\n<p>Dou fe.&#013;\nMiau-Guau.<\/p>\n\n<p>V\u00eddeos:<\/p>\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\">\r\n<div class=\"wp-block-embed__wrapper\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=4ba1Yc6lkQc<\/div><\/figure><figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\">\r\n<div class=\"wp-block-embed__wrapper\">https:\/\/youtu.be\/5k-QLyo9Hoc<\/div><\/figure><figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\">\r\n<div class=\"wp-block-embed__wrapper\">https:\/\/youtu.be\/KTmatjyd4KM<\/div><\/figure>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista: Quinta Parte: A OLLADA E A DISTANCIA \u00c1 PORTA.. Outubro do 2020. Supo\u00f1amos que \u00e9 posible elixir, por exemplo, a ollada. Supo\u00f1amos que vostede pode librarse, as\u00ed sexa por un momento, da tiran\u00eda das redes sociais que impo\u00f1en non s\u00f3 o que se mira e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":983,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[5],"tags":[],"featured_image_urls":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44-300x200.jpg",300,200,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44-360x240.jpg",360,240,true]},"post_excerpt_stackable":"<p>Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista: Quinta Parte: A OLLADA E A DISTANCIA \u00c1 PORTA.. Outubro do 2020. Supo\u00f1amos que \u00e9 posible elixir, por exemplo, a ollada. Supo\u00f1amos que vostede pode librarse, as\u00ed sexa por un momento, da tiran\u00eda das redes sociais que impo\u00f1en non s\u00f3 o que se mira e de que se fala, tam\u00e9n como ollar e como falar. Ent\u00f3n, supo\u00f1amos que vostede levanta a s\u00faa ollada. M\u00e1is arriba: do inmediato ao local ao rexional ao nacional ao mundial. Veo? Certo, un caos, un barullo, unha desorde. Ent\u00f3n supo\u00f1amos que vostede \u00e9 un ser humano; vaia, que non \u00e9&hellip;<\/p>\n","category_list":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num":"0 comments","featured_image_urls_v2":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44-300x200.jpg",300,200,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44.jpg",640,426,false],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/4fb60f51f68b1c2255eba6a954088d44-360x240.jpg",360,240,true]},"post_excerpt_stackable_v2":"<p>Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista: Quinta Parte: A OLLADA E A DISTANCIA \u00c1 PORTA.. Outubro do 2020. Supo\u00f1amos que \u00e9 posible elixir, por exemplo, a ollada. Supo\u00f1amos que vostede pode librarse, as\u00ed sexa por un momento, da tiran\u00eda das redes sociais que impo\u00f1en non s\u00f3 o que se mira e de que se fala, tam\u00e9n como ollar e como falar. Ent\u00f3n, supo\u00f1amos que vostede levanta a s\u00faa ollada. M\u00e1is arriba: do inmediato ao local ao rexional ao nacional ao mundial. Veo? Certo, un caos, un barullo, unha desorde. Ent\u00f3n supo\u00f1amos que vostede \u00e9 un ser humano; vaia, que non \u00e9&hellip;<\/p>\n","category_list_v2":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info_v2":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num_v2":"0 comments","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/982"}],"collection":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=982"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/982\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2443,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/982\/revisions\/2443"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/983"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=982"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=982"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=982"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}