{"id":945,"date":"2020-10-12T20:27:47","date_gmt":"2020-10-12T20:27:47","guid":{"rendered":"https:\/\/viajezapatista.eu\/sexta-parte-unha-montana-en-alta-mar\/"},"modified":"2021-06-10T19:05:18","modified_gmt":"2021-06-10T19:05:18","slug":"sexta-parte-unha-montana-en-alta-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/sexta-parte-unha-montana-en-alta-mar\/","title":{"rendered":"Sexta Parte: Unha monta\u00f1a en alta mar"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>COMUNICADO DO COMIT\u00c9 CLANDESTINO REVOLUCIONARIO IND\u00cdXENA-COMANDANCIA XENERAL DO EX\u00c9RCITO ZAPATISTA DE LIBERACI\u00d3N NACIONAL.<\/strong>&#013;\n<p style=\"text-align: center\"><strong>M\u00c9XICO<\/strong><\/p>&#013;\n<span>Publicaci\u00f3n orixinal en\u00a0<\/span><a href=\"http:\/\/enlacezapatista.ezln.org.mx\/2020\/10\/05\/sexta-parte-una-montana-en-alta-mar\/\" target=\"_blank\" title=\"Ir ao comunicado en Enlace Zapatista\" rel=\"noopener\">Enlace Zapatista<\/a><span>:<\/span>&#013;\n&#013;\nSubcomandante Insurxente Mois\u00e9s. 5 de outubro de 2020.<\/p>\n\n<p>Ao <em>Congreso Nacional Ind\u00edgena &#8211; Concejo Ind\u00edgena de Gobierno<\/em>:&#013;\n\u00c1 <em>Sexta Nacional e Internacional<\/em>:&#013;\n\u00c1s <em>Redes de Resistencia e Rebeld\u00eda<\/em>:&#013;\n\u00c1s persoas honestas que resisten en todos os recunchos do planeta:<\/p>\n\n<p>Irm\u00e1s, irm\u00e1ns, <em>hermanoas<\/em>:&#013;\nCompa\u00f1eiras, compa\u00f1eiros e <em>compa\u00f1eroas<\/em>:<\/p>\n\n<p>Os pobos orixinarios de ra\u00edz maia e zapatistas saud\u00e1moslles e dic\u00edmoslles o que chegou no noso pensamento com\u00fan, de acordo ao que miramos, escoitamos e sentimos.<\/p>\n\n<p>Primeiro.- Ollamos e escoitamos un mundo doente na s\u00faa vida social, fragmentado en mill\u00f3ns de persoas alleas entre si, empe\u00f1adas na s\u00faa supervivencia individual, pero unidas baixo a opresi\u00f3n dun sistema disposto a todo para fartar a s\u00faa sede de lucro, a\u00ednda e cando \u00e9 claro que o seu cami\u00f1o vai en contra da existencia do planeta Terra.<\/p>\n\n<p>A aberraci\u00f3n do sistema e a s\u00faa est\u00fapida defensa do &#8220;progreso&#8221; e a &#8220;modernidade&#8221; estr\u00e9lase contra unha realidade criminal: os feminicidios. O asasinato de mulleres non ten cor nin nacionalidade, \u00e9 mundial. Se \u00e9 absurdo e irrazonable que algu\u00e9n sexa perseguido, desaparecido, asasinado pola s\u00faa cor de pel, a s\u00faa raza, a s\u00faa cultura, as s\u00faas crenzas; non se pode crer que o feito de ser muller equivalla a unha sentenza de marxinaci\u00f3n e morte.<\/p>\n\n<p>Nunha escalada previsible (acoso, violencia f\u00edsica, mutilaci\u00f3n e asasinato), co aval dunha impunidade estrutural (&#8220;ela merec\u00edallo&#8221;, &#8220;ti\u00f1a tatuaxes&#8221;, &#8220;que andaba facendo nese sitio a esa hora?&#8221;, &#8220;con esa roupa, era de esperar&#8221;), os asasinatos de mulleres non te\u00f1en ningunha l\u00f3xica criminal que non sexa a do sistema.&#013;\n De diferentes estratos sociais, distintas razas, idades que van desde a infancia m\u00e1is temper\u00e1 ata a vellez e en xeograf\u00edas distantes entre si, o x\u00e9nero \u00e9 a \u00fanica constante. E o sistema \u00e9 incapaz de explicar por que isto vai da man do seu &#8220;desenvolvemento&#8221; e &#8220;progreso&#8221;. Na indignante estat\u00edstica das mortes, mentres m\u00e1is &#8220;desenvolvida&#8221; est\u00e1 unha sociedade, maior \u00e9 o n\u00famero de v\u00edtimas nesta aut\u00e9ntica guerra de x\u00e9nero.&#013;\n&#013;\n<\/p>\n\n<p>E a &#8220;civilizaci\u00f3n&#8221; parece dicirnos aos pobos orixinarios: &#8220;a proba do teu subdesenvolvemento est\u00e1 na t\u00faa baixa taxa de feminicidios. Te\u00f1an os seus megaproyectos, os seus trens, s\u00faas termoel\u00e9ctricas, as s\u00faas minas, as s\u00faas presas, os seus centros comerciais, as s\u00faas tendas de electrodom\u00e9sticos (con aparello de televisi\u00f3n inclu\u00eddo), e aprendan a consumir. Sexan como n\u00f3s. Para saldar a d\u00e9beda desta axuda progresista, non bastan as s\u00faas terras, as s\u00faas augas, as s\u00faas culturas, as s\u00faas dignidades. Deben completalo coa vida das mulleres&#8221;.<\/p>\n\n<p>Segundo.- Miramos e escoitamos \u00e1 natureza ferida de morte, e que, na s\u00faa anguria, advirte \u00e1 humanidade que o peor est\u00e1 a\u00ednda por vir. Cada cat\u00e1strofe &#8220;natural&#8221; anuncia a seguinte e esquece, porque lle conv\u00e9n, que \u00e9 a acci\u00f3n dun sistema humano a que a provoca.<\/p>\n\n<p> A morte e a destruci\u00f3n non son xa algo afastado, que se limite a fronteiras, respecte alf\u00e1ndegas e convenios internacionais. A destruci\u00f3n en calquera recuncho do mundo, repercute en todo o planeta.<\/p>\n\n<p>Terceiro.- Miramos e escoitamos aos poderosos afast\u00e1ndose e escond\u00e9ndose nos chamados Estados Nacionais e os seus muros. E, nese imposible salto cara atr\u00e1s, reviven nacionalismos fascistas, chauvinismos rid\u00edculos e unhas lerias inaguant\u00e1beis . Nisto advertimos as guerras por chegar, as que se alimentan de historias falsas, ocas, mentireiras e que traducen nacionalidades e razas en supremac\u00edas que se impor\u00e1n pola v\u00eda da morte e a destruci\u00f3n. Nos distintos pa\u00edses v\u00edvese a disputa entre *capataces e quen aspiran a sucederlles, escondendo que o patr\u00f3n, o amo, o mand\u00f3n, \u00e9 o mesmo e non ten m\u00e1is nacionalidade que a do di\u00f1eiro. Mentres tanto, os organismos internacionais languidecen e conv\u00e9rtense en meros nomes, como pezas de museo&#8230; ou nin iso.<\/p>\n\n<p>Na escuridade e confusi\u00f3n que preceden a esas guerras, escoitamos e miramos o ataque, cerco e persecuci\u00f3n de calquera aceno de creatividade, intelixencia e racionalidade. Fronte ao pensamento cr\u00edtico, os poderosos demandan, esixen e impo\u00f1en os seus fanatismos. A morte que plantan, cultivan e colleitan non \u00e9 s\u00f3 a f\u00edsica; tam\u00e9n incl\u00fae a extinci\u00f3n da universalidade propia da humanidade -a intelixencia-, os seus avances e logros. Renacen ou son creadas novas correntes esot\u00e9ricas, laicas e non, disfrazadas de modas intelectuais ou pseudo ciencias; e as artes e as ciencias pretenden ser subxugadas a militancias pol\u00edticas.<\/p>\n\n<p>Cuarto.- A pandemia da COVID 19 non s\u00f3 amosou as vulnerabilidades do ser humano, tam\u00e9n a cobiza e estupidez dos distintos gobernos nacionais e as s\u00faas supostas oposici\u00f3ns. Medidas do m\u00e1is elemental sentido com\u00fan foron desprezadas, apostando sempre a que a pandemia ser\u00eda de curta duraci\u00f3n. Cando o paso da enfermidade foise dilatando, empezaron os n\u00fameros a substitu\u00edr traxedias. A morte converteuse as\u00ed nunha cifra que se perde a diario entre esc\u00e1ndalos e declaraci\u00f3ns. Unha comparativa l\u00f3brega entre nacionalismos rid\u00edculos. A porcentaxe de bateo e de carreiras limpas que determina qu\u00e9 equipo, ou Naci\u00f3n, \u00e9 mellor ou peor.<\/p>\n\n<p> Como se refire nun dos textos previos, no zapatismo optamos pola prevenci\u00f3n e a aplicaci\u00f3n de medidas sanitarias que, no seu momento, foron consultadas con cient\u00edficxs que nos orientaron e ofreceron, sen tatexar, a s\u00faa axuda. Os pobos zapatistas est\u00e1moslles agradecidos e as\u00ed quixemos demostralo. Logo de 6 meses da implementaci\u00f3n desas medidas (m\u00e1scaras cobre bocas ou o seu equivalente, distancia entre persoas, peche de contactos persoais directos con zonas urbanas, corentena de 15 d\u00edas para quen puido estar en contacto con contaxiadxs, lavado frecuente con auga e xab\u00f3n), lamentamos o falecemento de 3 compa\u00f1eiros que presentaron dous ou m\u00e1is s\u00edntomas asociados ao COVID 19 e que tiveron contacto directo con persoas contaxiadas.<\/p>\n\n<p> Outros 8 compa\u00f1eiros e unha compa\u00f1eira, quen morreron nese per\u00edodo, presentaron un dos s\u00edntomas. Como carecemos da posibilidade de probas, asumimos que o total dos 12 compa\u00f1eirxs morreron polo chamado Coronavirus (cient\u00edficxs recomend\u00e1ronnos asumir que calquera dificultade respiratoria ser\u00eda COVID 19). Estas 12 ausencias son responsabilidade nosa. Non son culpa da 4T ou da oposici\u00f3n, de neoliberais ou neoconservadores, de chairos ou fif\u00eds, de conspiraci\u00f3ns ou complots. Pensamos que deberiamos ter extremado m\u00e1is a\u00ednda as precauci\u00f3ns.<\/p>\n\n<p> Actualmente, coa falta deses 12 compa\u00f1eirxs ao lombo, melloramos  as medidas preventivas en todas as comunidades, agora co apoio de Organizaci\u00f3ns Non Gobernamentais e de cient\u00edficxs que, a t\u00edtulo individual ou como colectivo, ori\u00e9ntannos no modo de afrontar con m\u00e1is fortaleza un posible rebrote. Decenas de miles de m\u00e1scaras cobre bocas (dese\u00f1adas especialmente para evitar que unha probable portadora contaxie a outras persoas, baratas, reutilizab\u00e9is e adaptadas \u00e1s circunstancias) distribu\u00edronse en todas as comunidades. Outras decenas de miles m\u00e1is est\u00e1n sendo producidas nos obradoiros de bordado e costura de insurxentes e nos poboados. O uso masivo de cobre bocas, as corentenas de d\u00faas semanas para quen puidesen estar infectadxs, a distancia e o lavado continuo de mans e rostro con auga e xab\u00f3n, e evitar no posible sa\u00edr \u00e1s cidades, son medidas recomendadas ata a irm\u00e1ns e irm\u00e1s partidistas, para conter a expansi\u00f3n de contaxios e permitir o mantemento da vida comunitaria.<\/p>\n\n<p> Os pormenores do que foi e \u00e9 a nosa estratexia poder\u00e1n ser consultado no seu momento. Por agora dicimos, coa vida latexando nos nosos corpos, que, segundo a nosa valoraci\u00f3n (na que probablemente podemos estar equivocadxs), o enfrontar a ameaza como comunidade, non como un asunto individual, e dirixir o noso esforzo principal \u00e1 *prevenci\u00f3n, perm\u00edtenos dicir, como pobos zapatistas: aqu\u00ed estamos, resistimos, vivimos, loitamos.<\/p>\n\n<p> E agora, en todo o mundo, o gran capital pretende que se volva \u00e1s r\u00faas para que as persoas volvan a tomar a s\u00faa condici\u00f3n de consumidoras. Porque son os problemas do Mercado os que lle preocupan: a letarxia no consumo de mercanc\u00edas.<\/p>\n\n<p> Hai que retomar as r\u00faas, si, pero para loitar. Porque, como dixemos antes, a vida, a loita pola vida, non \u00e9 un asunto individual, sen\u00f3n colectivo. Agora estase vendo que tampouco \u00e9 asunto de nacionalidades, \u00e9 mundial.<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p> Moitas cousas destas miramos e escoitamos. E moito as pensamos. Pero non s\u00f3&#8230;<\/p>\n\n<p>Quinto.- Tam\u00e9n escoitamos e miramos as resistencias e rebeld\u00edas que, non por silenciadas ou esquecidas, deixan de ser claves, pistas dunha humanidade que se nega a seguir ao sistema no seu apresurado paso ao colapso: o tren mortal do progreso que avanza, soberbio e impec\u00e1bel, cara ao cantil. Mentres o maquinista esquece que \u00e9 s\u00f3 un empregado m\u00e1is e cre, inxenuo, que el decide o cami\u00f1o, cando non fai sen\u00f3n seguir a cadea dos carr\u00eds cara ao abismo.<\/p>\n\n<p> Resistencias e rebeld\u00edas que, sen esquecer o choro polas ausencias, emp\u00e9\u00f1anse en loitar por -quen o dir\u00eda-, o m\u00e1is subversivo que hai neses mundos divididos entre neoliberais e neoconservadores-: a vida.<\/p>\n\n<p> Rebeld\u00edas e resistencias que entenden, cada quen co seu modo, o seu tempo e a s\u00faa xeograf\u00eda, que as soluci\u00f3ns non est\u00e1n na fe nos gobernos nacionais, que non se xestan protexidas por fronteiras nin visten bandeiras e linguas distintas.<\/p>\n\n<p>Resistencias e rebeld\u00edas que nos ensinan a n\u00f3s, <em>nosotroas<\/em>, zapatistas, que as soluci\u00f3ns puideran estar abaixo, nos sotos e recunchos do mundo. Non nos palacios gobernamentais. Non nas oficinas das grandes corporaci\u00f3ns.<\/p>\n\n<p> Rebeld\u00edas e resistencias que nos amosan que, se as de enriba rompen as pontes e pechan as fronteiras, queda navegar r\u00edos e mares para atoparnos. Que a cura, se \u00e9 que a hai, \u00e9 mundial, e ten a cor da terra, do traballo que vive e morre en r\u00faas e barrios, en mares e ceos, nos montes e nas s\u00faas entra\u00f1as. Que, como o millo orixinario, moitas son as s\u00faas cores, as s\u00faas tonalidades e sons.<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p> Todo isto, e m\u00e1is, miramos e escoitamos. E mir\u00e1monos e escoit\u00e1monos como o que somos: un n\u00famero que non conta. Porque a vida non importa, non vende, non \u00e9 noticia, non entra nas estat\u00edsticas, non compite nas enquisas, non ten valoraci\u00f3n nas redes sociais, non provoca, non representa capital pol\u00edtico, bandeira partidaria, esc\u00e1ndalo de moda. A quen lle importa que un pequeno, pequeneiro, grupo de orixinarios, de ind\u00edxenas, viva, \u00e9 dicir, loite?.<\/p>\n\n<p>Porque resulta que vivimos. Que malia paramilitares, pandemias, megaproxectos, mentiras, infamias e esquecementos, vivimos. \u00c9 dicir, loitamos.<\/p>\n\n<p>E nisto pensamos: en que seguimos loitando. \u00c9 dicir, seguimos vivindo. E pensamos que durante todos estes anos, recibimos a aperta irm\u00e1 de persoas do noso pa\u00eds e do mundo. E pensamos que, se aqu\u00ed a vida resiste e, non sen dificultades, florece, \u00e9 grazas a esas persoas que desafiaron distancias, tr\u00e1mites, fronteiras e diferenzas culturais e de lingua. Grazas a elas, eles, <em>elloas<\/em> -pero sobre todo elas-, que retaron e derrotaron almanaques e xeograf\u00eda.<\/p>\n\n<p> Nas monta\u00f1as do sueste mexicano, todos os mundos do mundo atoparon, e atopan, o\u00eddo nos nosos coraz\u00f3ns. A s\u00faa palabra e acci\u00f3n foi alimento para a resistencia e a rebeld\u00eda, que non son sen\u00f3n continuaci\u00f3n das dos nosos devanceiros.<\/p>\n\n<p> Persoas coas ciencias e as artes como cami\u00f1o, atoparon o modo para abrazarnos e darnos alento, a\u00ednda que f\u00f3ra \u00e1 distancia. Xornalistas, fif\u00eds e non, que informaron sobre a miseria e a morte antes, a dignidade e a vida sempre. Persoas de todas as profesi\u00f3ns e oficios que, moito para n\u00f3s, talvez pouco para elxs, estiveron, est\u00e1n.<\/p>\n\n<p>E de todo isto pensamos no noso coraz\u00f3n colectivo, e chegou ao noso pensamento que xa \u00e9 o tempo xa de que n\u00f3s, <em>nosotroas<\/em>, zapatistas, correspondamos ao o\u00eddo, \u00e1 palabra e \u00e1 presenza deses mundos. Aos pr\u00f3ximos e aos afastados en xeograf\u00eda.<\/p>\n\n<p>Sexto.- E isto decidimos:<\/p>\n\n<p> Que \u00e9 tempo de novo para que bailen os coraz\u00f3ns, e que non sexan nin a s\u00faa m\u00fasica nin os seus pasos, os do queixume e a resignaci\u00f3n.<\/p>\n\n<p>Que diversas delegaci\u00f3ns zapatistas, homes, mulleres e <em>otroas<\/em> da cor da nosa terra, sairemos a percorrer o mundo, cami\u00f1aremos ou navegaremos ata terras, mares e ceos remotos, buscando non a diferenza, non a superioridade, non a afronta, moito menos o perd\u00f3n e a m\u00e1goa.<\/p>\n\n<p> Iremos a atopar o que nos fai iguais.<\/p>\n\n<p> Non s\u00f3 a humanidade que anima as nosas peles diferentes, os nosos distintos xeitos, as nosas linguas e cores diversas. Tam\u00e9n, e sobre todo, o so\u00f1o com\u00fan que, como especie, compartimos desde que, na \u00c1frica que parecese afastada, botamos a andar do colo da primeira muller: a procura da liberdade que animou ese primeiro paso&#8230; e que segue andando.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Que o primeiro destino desta viaxe planetaria ser\u00e1 o continente europeo.<\/p>\n\n<p> Que navegaremos cara as terras europeas. Que sairemos e que partiremos, desde terras mexicanas, no mes de abril do ano do 2021.<\/p>\n\n<p> Que, logo de percorrer varios recunchos da Europa de abaixo e \u00e1 esquerda, chegaremos a Madrid, a capital espa\u00f1ola, o 13 de agosto do 2021 -500 anos despois da suposta conquista do que hoxe \u00e9 M\u00e9xico-. E que, de inmediatos, seguiremos o cami\u00f1o.<\/p>\n\n<p> Que falaremos ao pobo espa\u00f1ol. Non para ameazar, reprochar, insultar ou esixir. Non para requerirlle que nos pida perd\u00f3n. Non para servilres nin para servirnos.<\/p>\n\n<p> Iremos a dicirlle ao pobo de Espa\u00f1a d\u00faas cousas sinxelas:<\/p>\n\n<p>\u00a0 Un: que non nos conquistaron.\u00a0Que seguimos en resistencia e rebeld\u00eda.<\/p>\n\n<p>Dous: Que non te\u00f1en por que pedir que lles perdoemos nada. Xa basta de xogar co pasado afastado para xustificar, con demagoxia e hipocris\u00eda, os crimes actuais e en curso: o asasinato de loitadoras sociais, como o irm\u00e1n Samir Flores Soberanes; os xenocidios escondidos detr\u00e1s de megaproxectos, concibidos e realizados para contento do poderoso -o mesmo que flaxela todos os recunchos do planeta-; o alento monetario e de impunidade para os paramilitares; a compra de conciencias e dignidades con 30 moedas.<\/p>\n\n<p>N\u00f3s, <em>nosotroas<\/em>, zapatistas NON queremos volver a ese pasado, nin sos, nin moito menos da man de quen quere sementar o rancor racial e pretende alimentar o seu nacionalismo trasnoitado co suposto esplendor dun imperio, o azteca, que creceu a costa do sangue dos seus semellantes, e que nos quere convencer de que, coa ca\u00edda dese imperio, os pobos orixinarios destas terras fomos derrotados.<\/p>\n\n<p> Nin o Estado Espa\u00f1ol nin a Igrexa Cat\u00f3lica te\u00f1en que pedirnos perd\u00f3n de nada. Non nos faremos eco dos farsantes que se montan sobre o noso sangue e as\u00ed esconden que te\u00f1en as mans manchadas dela.<\/p>\n\n<p>De que nos vai pedir perd\u00f3n a Espa\u00f1a?\u00a0 De ter parido a Cervantes? A Jos\u00e9 Espronceda? A Le\u00f3n Felipe? A Federico Garc\u00eda Lorca? A Manuel V\u00e1zquez Montalb\u00e1n?\u00a0 A Miguel Hern\u00e1ndez?\u00a0 A Pedro Salinas? A Antonio Machado?\u00a0 A Lope de Vega? A B\u00e9cquer?\u00a0 A Almudena Grandes?\u00a0 A Panchito Varona, Ana Bel\u00e9n, Sabina, Serrat, Ib\u00e1\u00f1ez, Llach, Amparanoia, Miguel R\u00edos, Paco de Luc\u00eda, V\u00edctor Manuel, Aute siempre? A Bu\u00f1uel,\u00a0 Almod\u00f3var e Agrado, Saura, Fern\u00e1n G\u00f3mez, Fernando Le\u00f3n, Bardem? A Dal\u00ed, Mir\u00f3, Goya, Picasso, El Greco y Vel\u00e1zquez? A parte do mellor do pensamento cr\u00edtico mundial, co selo da \u201c<strong><em>A\u201d<\/em><\/strong> libertaria? \u00c1 Rep\u00fablica? Ao exilio? Ao irm\u00e1n maia Gonzalo Guerrero?&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>\u00a0 De que nos vai pedir perd\u00f3n a Igrexa Cat\u00f3lica?\u00a0 Do paso de Bartolom\u00e9 de las Casas? \u00a0de Don Samuel Ruiz Garc\u00eda? \u00a0De Arturo Lona?\u00a0 De Sergio M\u00e9ndez Arceo? Da irm\u00e1 Chapis? \u00a0Dos pasos dos sacerdotes, irm\u00e1s relixiosas e segrares que cami\u00f1aron ao p\u00e9 dos orixinarios sen dirixilos nin suplantalos? \u00a0De quen arrisca a s\u00faa liberdade e vida por defender os Dereitos Humanos?<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p> O ano do 2021 cumpriranse 20 anos da &#8220;Marcha del Color de la Tierra&#8221;, a que realizamos, xunto cos pobos irm\u00e1ns do Congreso Nacional Ind\u00edgena, para reclamar un lugar nesta Naci\u00f3n que agora se esborralla.<\/p>\n\n<p>20 anos despois navegaremos e cami\u00f1aremos para dicirlle ao planeta que, no mundo que sentimos no noso coraz\u00f3n colectivo, hai lugar para todas, todos, <em>todoas<\/em>.\u00a0 Simple e sinxelamente porque ese mundo s\u00f3 \u00e9 posible se todas, todos, <em>todoas<\/em>, loitamos por levantalo.<\/p>\n\n<p> As delegaci\u00f3ns zapatistas estar\u00e1n conformadas na s\u00faa maior\u00eda por mulleres. Non s\u00f3 porque elas pretenden as\u00ed devolver a aperta que recibiron nos encontros internacionais anteriores. Tam\u00e9n, e sobre todo, para que os var\u00f3ns zapatistas deixemos claro que somos o que somos, e non somos o que non somos, grazas a elas, por elas e con elas.<\/p>\n\n<p> Convidamos a que o CNI-CIG forme unha delegaci\u00f3n para que nos acompa\u00f1e e sexa, as\u00ed, m\u00e1is rica nosa palabra para a outra que lonxe loita. Especialmente convidamos a unha delegaci\u00f3n dos pobos que levantan o nome, a imaxe e o sangue do irm\u00e1n Samir Flores Soberanes, para que a s\u00faa dor, a s\u00faa rabia, a s\u00faa loita e resistencia chegue m\u00e1is lonxe.<\/p>\n\n<p>\u00a0\u00a0Convidamos a quen te\u00f1en como vocaci\u00f3n, af\u00e1n e horizonte as artes e as ciencias, a que acompa\u00f1en, \u00e1 distancia, os nosos navegares e pasos.\u00a0 E que dese modo nos axuden a difundir que nelas, ciencias e artes, est\u00e1 a posibilidade non s\u00f3 da supervivencia da humanidade, tam\u00e9n dun mundo novo.<\/p>\n\n<p> En resumo: sa\u00edmos cara Europa no mes de abril do ano 2021.\u00a0 A data fecha e a hora?\u00a0 No as sabemos\u2026 a\u00ednda.<\/p>\n\n<p><p style=\"text-align: center\"><strong>-*-<\/strong><\/p><\/p>\n\n<p>Compa\u00f1eiras, compa\u00f1eiros, <em>compa\u00f1eroas<\/em>:&#013;\nIrm\u00e1s, irm\u00e1ns e <em>hermanoas<\/em>:<\/p>\n\n<p>\u00a0 Este \u00e9o noso af\u00e1n:<\/p>\n\n<p>\u00a0 Frente aos poderosos trens, as nosas gamelas.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Fronte \u00e1s termoel\u00e9ctricas, as lucernas que as zapatistas demos en custodia a mulleres que loitan en todo o mundo.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Fronte a valados e fronteiras, o noso navegar colectivo.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Fronte ao gran capital, una milpa en com\u00fan.<\/p>\n\n<p>\u00a0Fronte a destruci\u00f3n do planeta, unha monta\u00f1a navegando de madrugada.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Somos zapatistas, portadorxs do virus da resistencia e a rebeld\u00eda.\u00a0 Como tales, iremos aos 5 continentes.<\/p>\n\n<p>\u00c9 todo\u2026 polo momento.<\/p>\n\n<p>Desde as monta\u00f1as do Sueste Mexicano.&#013;\nEn nome das mulleres, homes e <em>otroas<\/em> zapatistas.<\/p>\n\n<p>Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s.&#013;\nM\u00e9xico, outubro do 2020.<\/p>\n\n<p>P.D.- Si, \u00e9 a sexta parte e, como a viaxe, seguir\u00e1 en sentido inverso. \u00c9 dicir, seguiralle a quinta parte, daquela a cuarta, despois a terceira, continuar\u00e1 na segunda e terminar\u00e1 coa primeira.&#013;\n&#013;\n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>COMUNICADO DO COMIT\u00c9 CLANDESTINO REVOLUCIONARIO IND\u00cdXENA-COMANDANCIA XENERAL DO EX\u00c9RCITO ZAPATISTA DE LIBERACI\u00d3N NACIONAL.&#013; M\u00c9XICO &#013; Publicaci\u00f3n orixinal en\u00a0Enlace Zapatista:&#013; &#013; Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s. 5 de outubro de 2020. Ao Congreso Nacional Ind\u00edgena &#8211; Concejo Ind\u00edgena de Gobierno:&#013; \u00c1 Sexta Nacional e Internacional:&#013; \u00c1s Redes de Resistencia e Rebeld\u00eda:&#013; \u00c1s persoas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":946,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[5],"tags":[],"featured_image_urls":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11-300x300.jpg",300,300,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11-360x240.jpg",360,240,true]},"post_excerpt_stackable":"<p>COMUNICADO DO COMIT\u00c9 CLANDESTINO REVOLUCIONARIO IND\u00cdXENA-COMANDANCIA XENERAL DO EX\u00c9RCITO ZAPATISTA DE LIBERACI\u00d3N NACIONAL.&#013; M\u00c9XICO&#013; Publicaci\u00f3n orixinal en\u00a0Enlace Zapatista:&#013; &#013; Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s. 5 de outubro de 2020. Ao Congreso Nacional Ind\u00edgena &#8211; Concejo Ind\u00edgena de Gobierno:&#013; \u00c1 Sexta Nacional e Internacional:&#013; \u00c1s Redes de Resistencia e Rebeld\u00eda:&#013; \u00c1s persoas honestas que resisten en todos os recunchos do planeta: Irm\u00e1s, irm\u00e1ns, hermanoas:&#013; Compa\u00f1eiras, compa\u00f1eiros e compa\u00f1eroas: Os pobos orixinarios de ra\u00edz maia e zapatistas saud\u00e1moslles e dic\u00edmoslles o que chegou no noso pensamento com\u00fan, de acordo ao que miramos, escoitamos e sentimos. Primeiro.- Ollamos e escoitamos un mundo doente na s\u00faa&hellip;<\/p>\n","category_list":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num":"0 comments","featured_image_urls_v2":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11-300x300.jpg",300,300,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11.jpg",640,640,false],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/photo_2020-12-26_20-26-11-360x240.jpg",360,240,true]},"post_excerpt_stackable_v2":"<p>COMUNICADO DO COMIT\u00c9 CLANDESTINO REVOLUCIONARIO IND\u00cdXENA-COMANDANCIA XENERAL DO EX\u00c9RCITO ZAPATISTA DE LIBERACI\u00d3N NACIONAL.&#013; M\u00c9XICO&#013; Publicaci\u00f3n orixinal en\u00a0Enlace Zapatista:&#013; &#013; Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s. 5 de outubro de 2020. Ao Congreso Nacional Ind\u00edgena &#8211; Concejo Ind\u00edgena de Gobierno:&#013; \u00c1 Sexta Nacional e Internacional:&#013; \u00c1s Redes de Resistencia e Rebeld\u00eda:&#013; \u00c1s persoas honestas que resisten en todos os recunchos do planeta: Irm\u00e1s, irm\u00e1ns, hermanoas:&#013; Compa\u00f1eiras, compa\u00f1eiros e compa\u00f1eroas: Os pobos orixinarios de ra\u00edz maia e zapatistas saud\u00e1moslles e dic\u00edmoslles o que chegou no noso pensamento com\u00fan, de acordo ao que miramos, escoitamos e sentimos. Primeiro.- Ollamos e escoitamos un mundo doente na s\u00faa&hellip;<\/p>\n","category_list_v2":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info_v2":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num_v2":"0 comments","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/945"}],"collection":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=945"}],"version-history":[{"count":46,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/945\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2425,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/945\/revisions\/2425"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/946"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=945"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=945"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=945"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}