{"id":8156,"date":"2021-07-18T20:00:58","date_gmt":"2021-07-18T20:00:58","guid":{"rendered":"https:\/\/viajezapatista.eu\/?p=8156"},"modified":"2021-07-18T20:01:03","modified_gmt":"2021-07-18T20:01:03","slug":"a-extemporanea-e-unha-iniciativa-nacional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/a-extemporanea-e-unha-iniciativa-nacional\/","title":{"rendered":"A Extempor\u00e1nea e unha Iniciativa Nacional"},"content":{"rendered":"\n<p>Publicaci\u00f3n orixinal en <a href=\"https:\/\/enlacezapatista.ezln.org.mx\/2021\/07\/16\/la-extemporanea-y-una-iniciativa-nacional\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Enlace Zapatista<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>COMISI\u00d3N SEXTA ZAPATISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00e9xico.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Xullo do 2021.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1s adheridas \u00e1 Declaraci\u00f3n pola Vida:<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 Europa de Abaixo e \u00e1 Esquerda:<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 Sexta Nacional e Internacional:<\/p>\n\n\n\n<p>Ao Congreso Nacional Ind\u00edxena-Concejo Ind\u00edgena de Goberno:<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1s Redes en Resistencia e Rebeld\u00eda:<\/p>\n\n\n\n<p>Ao Colectivo \u201cLleg\u00f3 la Hora de los Pueblos\u201d:<\/p>\n\n\n\n<p>Do: Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p>Compa\u00f1eiras, <em>compa\u00f1eroas<\/em>, compa\u00f1eiros:<\/p>\n\n\n\n<p>Irm\u00e1s, <em>hermanoas<\/em>, e irm\u00e1ns:<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00fado en nome da cativada, mulleres, <em>otroas<\/em>, anci\u00e1ns e homes das comunidades zapatistas, e comun\u00edcolles o que segue:<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Prime<\/strong><strong>i<\/strong><strong>ro.-<\/strong> Xa temos lista unha compa\u00f1\u00eda zapatista aerotransportada forte en 177 zapatistas. Est\u00e1 integrada na s\u00faa totalidade por orixinarios de ra\u00edz maia, das linguas cho\u00b4 ol, tzotzil, tzeltal, tojolabal e castilla. Somos nados na xeograf\u00eda que chaman M\u00e9xico. Os nosos devanceiros naceron e morreron nestas terras. Como o Estado Mexicano non reco\u00f1ece a nosa identidade e orixe, e dinos que somos \u201cextempor\u00e1neos\u201d (as\u00ed di a Secretar\u00eda de Relaci\u00f3ns Exteriores, que somos mexicanos \u201cextempor\u00e1neos\u201d), decidimos bautizar a esta unidade de Escoita e Palabra como \u201cA Extempor\u00e1nea\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo vimos nos dicionarios, \u201c extempor\u00e1neo\u201d quere dicir \u201cque \u00e9 inoportuno, inconveniente\u201d, ou \u201cque \u00e9 impropio do tempo en que sucede\u201d. Ou sexa que somos inoportunos, inconvenientes e impropios.<\/p>\n\n\n\n<p>Nunca antes nos definiran con tanto xeito. Estamos felices de que ao fin o Estado Mexicano reco\u00f1eza que as\u00ed \u00e9 como considera aos pobos orixinarios desta xeograf\u00eda chamada M\u00e9xico. Creo que as\u00ed \u00e9 como lamenta non ternos aniquilados\u2026 a\u00ednda; e que a nosa existencia contradiga o discurso oficial sobre a \u201cconquista\u201d. Agora ent\u00e9ndese que a demanda do goberno de M\u00e9xico ao de Espa\u00f1a, esix\u00edndolle que pida perd\u00f3n, \u00e9 por non ternos exterminado.<\/p>\n\n\n\n<p>D@s 177 delegad@s, 62 de n\u00f3s non temos a\u00ednda o pasaporte. A Secretar\u00eda de Relaci\u00f3ns Exteriores est\u00e1 trabada na \u201cinconveniencia\u201d que representamos. A pesar de que demostramos identidade e orixe, segue esixindo m\u00e1is e m\u00e1is papeis. S\u00f3 falta que pida que os gobernos da parte central de Am\u00e9rica digan que non somos cidad\u00e1ns deses pa\u00edses.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>2.-<\/strong> A compa\u00f1\u00eda aerotransportada \u201cLa Extempor\u00e1nea\u201d, comigo ao fronte, preparouse desde outubro do 2020 e levamos case un mes en corentena. Est\u00e1 integrada por:<\/p>\n\n\n\n<p><strong>.-<\/strong> Varios grupos de \u201cEscucha y Palabra\u201d. Zapatistas ind\u00edxenas cuxa existencia e memoria cobre a historia da nosa loita desde os anos previos ao alzamento ata o inicio da Traves\u00eda pola Vida.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>.-<\/strong> Un equipo feminino de f\u00fatbol. Conf\u00f3rmano 36 milicianas (que tam\u00e9n son \u201cEscucha y Palabra\u201d) que tomaron o nome e exemplo da finada Comandanta Ramona, a primeira zapatista en sa\u00edr de Chiapas; identif\u00edcanse como \u201cIxchel Ramona\u201d e as\u00ed sair\u00e1n aos campos deportivos de Europa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>.-<\/strong> O as\u00ed chamado \u201cComando Palomitas\u201d. Son 6 nenas e nenos do grupo \u201cJuego y Travesura\u201d. Como <a href=\"mailto:tod@s\">tod@s<\/a> n\u00f3s, estiv\u00e9ronse preparando.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>.-<\/strong> O grupo coordinador da invasi\u00f3n. Son quen se encargar\u00e1 de organizar e, no seu caso, reforzar os grupos de \u201cEscucha y Palabra\u201d que se distribuir\u00e1n nas 5 zonas nas que dividimos o continente Europeo. Ademais atender\u00e1n aos medios de comunicaci\u00f3n libres e de pago, participar\u00e1n en mesas redondas, palestras e actos p\u00fablicos; e avaliar\u00e1n o desenvolvemento da invasi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Co Escuadr\u00f3n 421 completaremos a primeira onda zapatista e iniciaremos as visitas a quen nos convidou e, con atenci\u00f3n e respecto, escoitar\u00e9moslles. Se as\u00ed o piden, falar\u00e9moslles da nosa pequena historia de resistencia e rebeld\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>3.- <\/strong>Connosco viaxar\u00e1 unha delegaci\u00f3n do Congreso Nacional Ind\u00edxena-CIG, forte en 10 ind\u00edxenas das linguas: Maia orixinaria, Popoluca, Biniz\u00e1, Purh\u00e9pecha, Raramuri, Otom\u00ed, Naayeri\/ Wixarika e Nahua; as\u00ed como 3 irm\u00e1ns da Fronte de Pobos en Defensa da Terra e a Auga de Tlaxcala, Puebla e Morelos. En total 13.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>4.-<\/strong> En raz\u00f3n de que a min t\u00f3came o da Traves\u00eda pola Vida-Cap\u00edtulo Europa, encomendei ao Subcomandante Insurxente Galeano que tome o mando en M\u00e9xico e que inicie, \u00e1 maior brevidade posible, contactos co Congreso Nacional Ind\u00edxena-CIG, coa Sexta Nacional, coas Redes en Resistencia e Rebeld\u00eda, con Organizaci\u00f3ns Non Gobernamentais de defensa dos Dereitos Humanos, con colectivos de V\u00edtimas da violencia, familiares de desaparecid@s e af\u00edns, as\u00ed como con artistas, cient\u00edficos e intelectuais, co obxectivo de facerlles saber dunha nova iniciativa nacional e convidarlles a organizarse para ela. E as\u00ed abrir unha fronte de loita pola Vida no noso pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>5.-<\/strong> Nuns d\u00edas m\u00e1is, que lles comunicaremos cando sexa oportuno, iniciaremos a nosa viaxe. Agora estamos a tratar de vacinarnos tod@s para non levarlles problemas de sa\u00fade, e agardando a que baixe un pouco a chamada \u201cterceira onda\u201d de contaxios en M\u00e9xico.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois iremos ao caracol Jacinto Canek, en San Crist\u00f3bal de Las Casas, e a\u00ed concentrar\u00e9monos. De a\u00ed trasladar\u00e9monos \u00e1 Cidade de M\u00e9xico onde iremos @s 177 delegad@s \u00e1s oficinas da SRE a que nos diga, de fronte e en p\u00fablico, que non temos dereitos por ser \u201cextempor\u00e1neos\u201d, e que o seu \u201caspiracionismo\u201d obr\u00edgalle a delegar a s\u00faa responsabilidade en bur\u00f3cratas racistas e ignorantes. Despois, talvez, Par\u00eds, Francia.<\/p>\n\n\n\n<p>As datas precisas dir\u00e9mosllas despois, porque semella que, para o goberno franc\u00e9s, tam\u00e9n somos inoportunos; ademais, claro, da nova onda mundial de COVID 19. Nin modos, debe ser a globalizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>6.-<\/strong> Estamos un pouco inquedos pero contentos -porque non \u00e9 a primeira vez que faremos algo sen saber o que nos agarda-. Agradecemos desde xa \u00e1 Europa de Abaixo, \u00e1 Sexta Nacional, as Redes en Resistencia e Rebeld\u00eda, as ONG\u00b4s solidarias deste e do outro lado do oc\u00e9ano, e ao colectivo \u201cLleg\u00f3 la hora de los Pueblos\u201d o apoio econ\u00f3mico e en especie que permitir\u00e1 realizar a viaxe a\u00e9rea. O custo da viaxe mar\u00edtima e dos pasaportes (entre 10 mil e 15 mil pesos cada unha, polas viaxes continuas de ida e volta aos nosos pobos para cumprir os rid\u00edculos requisitos do Estado Mexicano por ser \u201cextempor\u00e1neos\u201d), foi cuberto integramente polo EZLN e deixounos sen fondo de reserva. Pero non representou, para ningunha das delegadas e delegados, gasto persoal alg\u00fan.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>7.-<\/strong> Da iniciativa nacional \u2013da que queda encargado o SupGaleano-, s\u00f3 lles adianto que arrincar\u00e1 coa nosa chamada a participar na as\u00ed nomeada \u201cConsulta Popular\u201d do 1 de agosto, e a responder <strong>\u201cS<\/strong><strong>i<\/strong><strong>\u201d<\/strong> \u00e1 pregunta sobre se se debe ou non facer algo para cumprir co dereito \u00e1 verdade e a xustiza de quen te\u00f1en sido v\u00edtimas por acci\u00f3ns e omisi\u00f3ns do Estado Mexicano (que \u00e9 iso, e non outra cousa, o que sinala a pregunta que elaborou a Suprema Corte de Xustiza da Naci\u00f3n do pa\u00eds que se chama M\u00e9xico). Quen al\u00f3 arriba, nos partidos de \u201coposici\u00f3n\u201d, op\u00f3\u00f1ense \u00e1 consulta, non s\u00f3 temen o que dela se derive; tam\u00e9n at\u00e9rralles que as v\u00edtimas recuperen as s\u00faas demandas do uso ru\u00edn e perverso que a ultradereita fai da s\u00faa dor. Porque a dor non debe ser negocio electoral, e menos para fins tan merdas como que regresen ao goberno quen son alg\u00fans dos principais responsabeis da violencia e que antes s\u00f3 se dedicaron a acumular paga e cinismo. Por iso o INE, que tam\u00e9n consideranos aos ind\u00edxenas como \u201cextempor\u00e1neos\u201d n\u00e9ganos a credencial, est\u00e1 facendo o pos\u00edbel para que a consulta fracase, porque sabe que tam\u00e9n t\u00f3calle a s\u00faa parte do delito pola s\u00faa pol\u00edtica exclusiva para a pel clara e urbana.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai que entrarlle, non vendo cara arriba, sen\u00f3n ollando cara as v\u00edtimas. Hai que converter a consulta nunha consulta \u201cextempor\u00e1nea\u201d. Isto coa fin de que as\u00ed arranque, independente dos de arriba, unha mobilizaci\u00f3n por unha Comisi\u00f3n pola Verdade e a Xustiza para as V\u00edtimas, ou como queira que se chame. Porque non pode haber vida sen verdade e xustiza.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 todo por agora.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde as Monta\u00f1as do Sueste Mexicano.<\/p>\n\n\n\n<p>Polos zapatistas extempor\u00e1neos.<\/p>\n\n\n\n<p>Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda en M\u00e9xico, xullo do 2021.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-vimeo wp-block-embed-vimeo\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"La Extempor&amp;aacute;nea y una Iniciativa Nacional\" src=\"https:\/\/player.vimeo.com\/video\/575913768?dnt=1&amp;app_id=122963\" width=\"750\" height=\"422\" frameborder=\"0\" allow=\"autoplay; fullscreen; picture-in-picture\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>\u00abBella Ciao\u00bb versi\u00f3n tromb\u00f3ns, <em>Germ\u00e1n El Tromb\u00f3n &amp; El Clan del Solar<\/em>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista. COMISI\u00d3N SEXTA ZAPATISTA M\u00e9xico. Xullo do 2021. \u00c1s adheridas \u00e1 Declaraci\u00f3n pola Vida: \u00c1 Europa de Abaixo e \u00e1 Esquerda: \u00c1 Sexta Nacional e Internacional: Ao Congreso Nacional Ind\u00edxena-Concejo Ind\u00edgena de Goberno: \u00c1s Redes en Resistencia e Rebeld\u00eda: Ao Colectivo \u201cLleg\u00f3 la Hora de los [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":8099,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[5],"tags":[],"featured_image_urls":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17.png",1366,768,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-150x150.png",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-300x169.png",300,169,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-768x432.png",750,422,true],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-1024x576.png",750,422,true],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17.png",1366,768,false],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17.png",1366,768,false],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-360x240.png",360,240,true]},"post_excerpt_stackable":"<p>Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista. COMISI\u00d3N SEXTA ZAPATISTA M\u00e9xico. Xullo do 2021. \u00c1s adheridas \u00e1 Declaraci\u00f3n pola Vida: \u00c1 Europa de Abaixo e \u00e1 Esquerda: \u00c1 Sexta Nacional e Internacional: Ao Congreso Nacional Ind\u00edxena-Concejo Ind\u00edgena de Goberno: \u00c1s Redes en Resistencia e Rebeld\u00eda: Ao Colectivo \u201cLleg\u00f3 la Hora de los Pueblos\u201d: Do: Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s. Compa\u00f1eiras, compa\u00f1eroas, compa\u00f1eiros: Irm\u00e1s, hermanoas, e irm\u00e1ns: Sa\u00fado en nome da cativada, mulleres, otroas, anci\u00e1ns e homes das comunidades zapatistas, e comun\u00edcolles o que segue: Primeiro.- Xa temos lista unha compa\u00f1\u00eda zapatista aerotransportada forte en 177 zapatistas. Est\u00e1 integrada na s\u00faa totalidade por orixinarios de&hellip;<\/p>\n","category_list":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num":"0 comments","featured_image_urls_v2":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17.png",1366,768,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-150x150.png",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-300x169.png",300,169,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-768x432.png",750,422,true],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-1024x576.png",750,422,true],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17.png",1366,768,false],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17.png",1366,768,false],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/Captura-de-pantalla-de-2021-07-16-21-00-17-360x240.png",360,240,true]},"post_excerpt_stackable_v2":"<p>Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista. COMISI\u00d3N SEXTA ZAPATISTA M\u00e9xico. Xullo do 2021. \u00c1s adheridas \u00e1 Declaraci\u00f3n pola Vida: \u00c1 Europa de Abaixo e \u00e1 Esquerda: \u00c1 Sexta Nacional e Internacional: Ao Congreso Nacional Ind\u00edxena-Concejo Ind\u00edgena de Goberno: \u00c1s Redes en Resistencia e Rebeld\u00eda: Ao Colectivo \u201cLleg\u00f3 la Hora de los Pueblos\u201d: Do: Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s. Compa\u00f1eiras, compa\u00f1eroas, compa\u00f1eiros: Irm\u00e1s, hermanoas, e irm\u00e1ns: Sa\u00fado en nome da cativada, mulleres, otroas, anci\u00e1ns e homes das comunidades zapatistas, e comun\u00edcolles o que segue: Primeiro.- Xa temos lista unha compa\u00f1\u00eda zapatista aerotransportada forte en 177 zapatistas. Est\u00e1 integrada na s\u00faa totalidade por orixinarios de&hellip;<\/p>\n","category_list_v2":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info_v2":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num_v2":"0 comments","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8156"}],"collection":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8156"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8156\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8162,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8156\/revisions\/8162"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8099"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8156"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8156"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8156"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}