{"id":1008,"date":"2020-10-19T19:55:57","date_gmt":"2020-10-19T19:55:57","guid":{"rendered":"https:\/\/viajezapatista.eu\/cuarta-parte-memoria-do-que-vira\/"},"modified":"2021-06-10T19:06:06","modified_gmt":"2021-06-10T19:06:06","slug":"cuarta-parte-memoria-do-que-vira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/cuarta-parte-memoria-do-que-vira\/","title":{"rendered":"Cuarta Parte: Memoria do que vir\u00e1"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Cuarta Parte: MEMORIA DO QUE VIR\u00c1.<\/strong>&#013;\n&#013;\nPublicaci\u00f3n orixinal en <a href=\"http:\/\/enlacezapatista.ezln.org.mx\/2020\/10\/19\/cuarta-parte-memoria-de-lo-que-vendra\/\" target=\"_blank\" title=\"Ir ao comunicado orixinal en Enlace Zapatista\" rel=\"noopener\">Enlace Zapatista<\/a>:<\/p>\n\n<p>Subcomanante Insurxente Galeano.Outubro do 2020.<\/p>\n\n<p>\u00a0 \u00c9 hai 35 outubros.<\/p>\n\n<p>\u00a0 O Vello Antonio olla a cachela resistindo \u00e1 choiva.\u00a0 Baixo as pingas do chapeu de palla, prende cun chamizo o seu cigarro forxado con dobrador.\u00a0 O lume mantense, agoch\u00e1ndose \u00e1s veces baixo as rachas; o vento ax\u00fadalle, e co seu alento aviva as brasas que arroiban de furia. <\/p>\n\n<p>O campamento \u00e9 o nomeado \u201c<em>Watapil<\/em>\u201d, na chamada \u201cSierra Cruz de Plata\u201d que se ergue entre os h\u00famidos brazos dos r\u00edos <em>Jatat\u00e9<\/em> e <em>Perlas<\/em>.\u00a0 Corre o ano de 1985 e outubro recibe ao grupo cunha tormenta, augurando as\u00ed as s\u00faas ma\u00f1\u00e1s.\u00a0 A alta amendoeira (que renomear\u00e1 esa monta\u00f1a na lingua insurxente), compasiva, olla aos seus p\u00e9s a esa presa pequena, pequen\u00edsima, insignificante, de mulleres e homes.\u00a0 Facianas desfiguradas, peles secas, relucente a ollada (quiz\u00e1is a quentura a liorta, o medo, o desvar\u00edo, a fame, a falla de sono), as roupas marr\u00f3n e negro rachadas, as botas deformes polas lianas que pretenden manter as solas no seu sitio.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Con palabra pausada, queda, apenas percept\u00edbel entre o murmurio da tormenta, o Vello Antonio f\u00e1lalles coma se a s\u00ed mesmo se invocara:<\/p>\n\n<p><em>\u00a0 \u201cPara a cor da terra vir\u00e1 de novo o Mand\u00f3n a impor a s\u00faa palabra dura, o seu EU asasino da raz\u00f3n, a s\u00faa compra disfrazada de d\u00e1diva.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 Chegar\u00e1 o d\u00eda no que a morte vista\u00a0 as s\u00faas roupas m\u00e1s despiadadas. Engalanadas as s\u00faas pisadas con engrenaxes e rinchidos, a m\u00e1quina que enferma os cami\u00f1os, mentir\u00e1 dicindo que trae bonanza mentres sementa destruci\u00f3n.\u00a0 Quen se opo\u00f1a a ese ru\u00eddo que atemoriza a plantas e animais, ser\u00e1 asasinado na s\u00faa vida e a s\u00faa memoria.\u00a0 A unha con chumbo, a outra con mentira.\u00a0 A noite ser\u00e1 as\u00ed m\u00e1is longa.\u00a0 M\u00e1is dilatada a dor.\u00a0 M\u00e1is mortal a morte.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 Os <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Alux\" target=\"_blank\" title=\"Ler na Wikipedia sobre os Alux\" rel=\"noopener\">Aluxo&#8217;ob<\/a> alertar\u00e1n ent\u00f3n \u00e1 nai e as\u00ed dir\u00e1n: &#8220;V\u00e9n<\/em> a morte, nai, matando v\u00e9n<em>\u201d.<\/em>&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p><em>\u00a0 A terra nai, a m\u00e1is primeira, espert\u00e1rase ent\u00f3n -sacud\u00edndose o sono de loros, guacamayas e tuc\u00e1ns-, reclamar\u00e1 o sangue dos seus gardas e, dirix\u00edndose a s\u00faa prole, as\u00ed dir\u00e1:<\/em><\/p>\n\n<p>\u201cVaian os uns a burlar ao invasor. Vaian as outras a chamar ao sangue irm\u00e1n. Que non lles espanten as augas, que non os desanimen fr\u00edos nin calores. Abran cami\u00f1os onde non os hai. Remonten r\u00edos e mares. Naveguen as monta\u00f1as. Voen choivas e nubes. Sexan noite, d\u00eda sexan, ao raiar o sol vaian e alerten a todas e todos. Que moitos son os meus nomes e cores, pero un \u00e9 o meu coraz\u00f3n, e a mi\u00f1a morte ser\u00e1 tam\u00e9n a de todas e todos. Que non se avergo\u00f1en ent\u00f3n da pel da cor que lle te\u00f1o dado, nin da palabra que nas s\u00faas bocas te\u00f1o plantado, nin do tama\u00f1o que te\u00f1en ao meu car\u00f3n. Que eu dar\u00e9illes luz na ollada, abeiro nos seus ouvidos e forza nos seus p\u00e9s e brazos. Non teman as cores e usanzas distintas, nin os cami\u00f1os diferentes. Porque un \u00e9 o coraz\u00f3n que lles din en herdanza, un o entendemento e unha a ollada\u201d.<\/p>\n\n<p><em>\u00a0 Ent\u00f3n, baixo o asedio dos Aluxo\u00b4ob, as m\u00e1quinas do engano mortal descompo\u00f1eranse, quebrada a s\u00faa soberbia, a s\u00faa avaricia quebrada.\u00a0 E os poderosos traer\u00e1n doutras naci\u00f3ns aos lacaios que compo\u00f1en a morte descomposta.\u00a0 Revisaranse as entra\u00f1as das m\u00e1quinas de morte e atopar\u00e1n a raz\u00f3n do seu desandar e as\u00ed diranse: \u201cest\u00e1n cheas de sangue\u201d. Tentando explicar a raz\u00f3n desa terrible marabilla, as\u00ed anunciar\u00e1n aos seus patr\u00f3ns: \u201cno sabemos o porqu\u00e9, s\u00f3 sabemos que \u00e9 sangre herdado de sangue orixinario\u201d.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 E, ent\u00f3n, chover\u00e1 a maldade sobre si mesma nas casas grandes onde o Poderoso embriagase e abusa. Entrar\u00e1 a tolemia nos seus dominios e, no canto de agua, agromar\u00e1 sangue dos mananciales. Os seus xard\u00edns palidecer\u00e1n y e palidecer\u00e1 o <\/em><em>coraz\u00f3n de quen os traballan e serven. O poderoso traer\u00e1 ent\u00f3n a outros vasalos para usalos. Doutras terras vir\u00e1n. E nacer\u00e1 o odio entre iguais alentado polo di\u00f1eiro.\u00a0 Haber\u00e1 liortas entre eles, e vir\u00e1n a morte e a destruci\u00f3n entre quen comparten historia e dor.<\/em>&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p><em>\u00a0 Quen antes traballaban a terra e nela viv\u00edan , convertidos xa en servas e escravas do Poderoso nas terras e ceos dos seus devanceiros, ver\u00e1n chegar as desgrazas \u00e1s s\u00faas casas. As s\u00faas fillas e fillos perderanse, afogadas na prodemia da corrupci\u00f3n e o crime. Volver\u00e1 o dereito de pernada co que o di\u00f1erio mata a inocencia e o amor. E as crianzas ser\u00e1n arrebatadas dos colos das nais e a s\u00faa carne nova ser\u00e1 tomada polos grandes Se\u00f1ores para fartar a s\u00faa vileza e ruindade. Por mor dos cartos o fillo levantar\u00e1 a man contra os seus pais e o loita vestir\u00e1 as s\u00faas casas. A filla perderase na oscuridade ou na morte, matada a s\u00faa vida e o seu estar polos Se\u00f1ores e o seu di\u00f1eiro. Enfermedades desco\u00f1ecidas atacar\u00e1n a quen venderon a s\u00faa dignidade e a dos seus por unhas moedas, a quen traicionaron a s\u00faa raza, o seu sangue e a s\u00faa historia, y a quen ergueron e espallaron a mentira.<\/em>&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p><em>\u00a0 A Ceiba Nai, a sustentadora de mundos, berrar\u00e1 tan forte que ata a xordeira m\u00e1is alonxada escoitar\u00e1 o seu clamor ferido. E 7 voces lonxanas achegaranselle. E abrazarana. 7 brazos lonxanos. E 7 pu\u00f1os distintos se lle unir\u00e1n. A Ceiba Nai erguer\u00e1 ent\u00f3n as s\u00faas naguas e os seus mil p\u00e9s patear\u00e1n e desencarrilar\u00e1n os cami\u00f1os de ferro. As m\u00e1quinas de rodas sair\u00e1nse dos seus cami\u00f1os de metal. As aguas rebordar\u00e1n de r\u00edos e lagoas, e o mesmo mar bruar\u00e1 con furia. Abriranse ent\u00f3n as entra\u00f1as das terras e ceos en todos os mundos.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 Ent\u00f3n a m\u00e1is primeira, a terra nai, elevarase e reclamar\u00e1 con lume sua s\u00faa casa e o seu lugar.\u00a0 E por riba das soberbias edificaci\u00f3ns do Poder, avanzar\u00e1n \u00e1rbores, plantas e animais, e cos seus coraz\u00f3ns vivir\u00e1 novamente o Vot\u00e1n Zapata, garda e coraz\u00f3n do poblo.\u00a0 E o xaguar cami\u00f1ar\u00e1 novamente os seus roteiros ancestrales, reinando outra vez onde quixeron reinar o di\u00f1eiro e os seus lacaios.<\/em>&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p><em>\u00a0E o poderoso non morrer\u00e1 sen antes ver como a s\u00faa ignorante soberbia derr\u00fabase apenas sen facer ru\u00eddo.\u00a0 E no seu derradeiro alento co\u00f1ecer\u00e1 o Mand\u00f3n que xa no ser\u00e1 m\u00e1is, se \u00e9 o caso un mala lembranza no mundo que se rebelou e resistu \u00e1 morte que o seu mandar mandaba.<\/em>&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p><em>\u00a0 E isto din que din os mortos de sempre, os que morrer\u00e1n novamente pero ent\u00f3n para vivir.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 E din que din que se co\u00f1eza esta palabra en vales e monta\u00f1as; que se saiba en desfiladeiros e chairas; que o repita o p\u00e1xaro tapacamino e as\u00ed aperciba os pasos do coraz\u00f3n que anda irm\u00e1n; que a choiva e o sol o sementen na ollada de quen habitan estas terras; e que o vento a leve lonxe e ani\u00f1e no pensamento compa\u00f1eiro.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 Porque cousas terribles e marabillosas por vir, ver\u00e1n estes ceos e terras.<\/em><\/p>\n\n<p><em>\u00a0 E o xaguar cami\u00f1ar\u00e1 novamente os seus roteiros ancestrais, reinando novamente onde quixeron reinar o di\u00f1eiro e os seus lacaios.\u201d<\/em><\/p>\n\n<p>\u00a0 Cala o Vello Antonio e, con el, a choiva. Nada durme. Todo so\u00f1a.<\/p>\n\n<p>                                  -*-<\/p>\n\n<p>Desde as monta\u00f1as do Sueste Mexicano.<\/p>\n\n<p>SupGaleano&#013;\nM\u00e9xico, Outubro do 2020.<\/p>\n\n<p><strong>Do <em>Cuaderno de Apuntes del Gato-Perro<\/em>: Parte II.- Os caiucos.<\/strong><\/p>\n\n<p><em> L\u00e9mbrovos que as divisi\u00f3ns entre pa\u00edses s\u00f3 serven para tipificar o delito de \u00abcontrabando\u00bb e para darlle senso \u00e1s guerras. Est\u00e1 claro que existen, cando menos, d\u00faas cousas que est\u00e1n por riba das fronteiras: a unha \u00e9 o crime que, disfrazado de modernidade, distrib\u00fae a miseria a escala mundial; a outra \u00e9 a esperanza de que a vergo\u00f1a s\u00f3 exista cando un erra de paso no baile, e non de cada vez que nos miramos nun espello. Para acabar co primeiro e para facer florear a segunda, s\u00f3 \u00e9 preciso loitar e ser mellores. O dem\u00e1is v\u00e9n por si mesmo e \u00e9 o que adoita encher bibliotecas e museos. No \u00e9 preciso conquistar o mundo, basta con constru\u00edlo novamente. Ben. Sa\u00fade e sabede que, para o amor, unha cama \u00e9 s\u00f3 un pretexto; para o baile, una tonada \u00e9 s\u00f3 un atav\u00edo; e para loitar, a nacionalidade \u00e9 s\u00f3lo un contratempo meramente circunstancial.&#013;\n<\/em><\/p>\n\n<p><strong>Don Durito de La Lacandona, 1995<\/strong><\/p>\n\n<p>O SubMoy estaba dic\u00edndolle a Maxo que quizais haber\u00eda que probar con <em>madeira balsa<\/em> (\u201ccorcho\u201d ch\u00e1mano aqu\u00ed), pero o enxe\u00f1eiro naval alegaba que, ao ser m\u00e1s liviana, a corrente \u00eda arrastrala peor.\u00a0 \u201c<em>Pero dixeches que non hai corrente no mar<\/em>\u201d.\u00a0 \u201c<em>M\u00e1is hai<\/em>\u201d, defendeuse Maxo.\u00a0 O SubMoy d\u00edxolles aos outros comit\u00e9s que segu\u00eda a seguinte proba: caiucos.&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>Pux\u00e9ronse a labrar varios caiucos.\u00a0 Con machadas e machetes foron d\u00e1ndolle forma e vocaci\u00f3n mari\u00f1a a troncos que orixinalmente serv\u00edan como le\u00f1a para o lar.\u00a0 Como o SubMoy ausentouse uns intres, foron a preguntarlle ao SupGaleano se lle po\u00f1\u00edan nome \u00e1s embarcaci\u00f3ns.\u00a0 O Sup estaba mirando como o Monarca revisaba un vello motor diesel, co que respondeu distra\u00eddo: \u201c<em>Si, claro<\/em>\u201d.&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>Marcharon e comezaron a calar e a pintar nos costados nomes racionais e mesurados.\u00a0 Nun l\u00edase: \u201c<em>El Chompiras Nadador y Brinca Charcos<\/em>\u201d.\u00a0 Outro: \u201c<em>El internacionalista. Una cosa es una cosa y otra cosa es dont fuck me, compadre<\/em>\u201d.\u00a0 Un m\u00e1is: \u201c<em>Orita vengo, no me tardo mi amor<\/em>\u201d.\u00a0 O de al\u00e1: \u201c<em>Pos va en su cuenta, pa\u00b4 qu\u00e9 me invitan<\/em>\u201d.\u00a0 Os do puy Jacinto Canek bautizaron seu como \u201c<em>Jean Robert<\/em>\u201d, que era as\u00ed o seu xeito facelo acompa\u00f1ar a viaxe.&#013;\n&#013;\n\u00a0<\/p>\n\n<p>Nun m\u00e1is alonxado alcanz\u00e1base a ler: \u201c<em>Ya para qu\u00e9 llorar si lo que sobra es agua salada<\/em>\u201d, e de seguido continuaba: \u201c<em>Este barco fue hecho por la Comisi\u00f3n Mar\u00edtima del municipio aut\u00f3nomo rebelde zapatista. <\/em>\u201cCrit\u00edcannos que lles po\u00f1emos un nome moi longo aos MAREZ e Caracoles, pero para n\u00f3s est\u00e1 ben, da <em>Junta de Buen Gobierno\u201c<\/em>Tambi\u00e9n<em>\u201d. Producto perecedero. Data de caducidade: depende. As nosas embarcaci\u00f3ns non se afunden, sen\u00f3n que caducan, non \u00e9 o mesmo. Contrataci\u00f3ns de fabricantes de caiucos e musiqueros no CRAREZ (non incl\u00fae marimba nin equipo de son \u2013porque basta que se afundan y e non os podemos repor-, pero si que cantamos con moita ansia\u2026 bon, m\u00e1is ou menos. Pois depende). Este caiuco s\u00f3 cotiza nas bolsas de resistencia.\u00a0 Continuar\u00e1 no pr\u00f3ximo caiuco\u2026<\/em>\u201d, (claro, haber\u00e1 que dar a volta arredor do caiuco e nas paredes internas para ler completo o \u201cnome\u201d; si, ten vostede raz\u00f3n, o submarino inimigo vai tardar tanto tempo en transmitir o nome completo da nave a afundir que, cando remate, a embarcaci\u00f3n xa ter\u00e1 atracado nas costas europeas).<\/p>\n\n<p>O caso \u00e9 que, mentres labraban os troncos, correuse o conto. O amado Amado contoulle a Pablito que lle contou ao Pedrito que informou a Defensa Zapatista que o consultou coa Esperanza que lle dixo \u00e1 Calamidad \u201cnon llo digas a ningu\u00e9n\u201d que o contou aos seus <em>mamaces<\/em> que o dixo no grupo de \u201c<em>como mujeres que somos<\/em>\u201d.<\/p>\n\n<p>\u00a0 Cando lle dixeron ao SupGaleano que vi\u00f1an as mulleres, o Sup encolleuse de ombros e pas\u00f3ulle ao Monarca a chave que chaman espa\u00f1ola, de media polgada, mentres cusp\u00eda anacos da boca da s\u00faa cachimba.<\/p>\n\n<p>Ao pouco chegou o Jacobo: \u201cOes Sup, vaise demorar o SubMoy?\u201d.<\/p>\n\n<p>\u201cNin idea\u201d, respondeu o SupGaleano mentres ollaba desconsolado\u00a0 a s\u00faa cachimba crebada.<\/p>\n\n<p>Jacobo: \u201cE ti sabes cantos van viaxar?\u201d.<\/p>\n\n<p>O Sup: \u201cA Europa de embaixo a\u00ednda non respondeu cantas poden acoller. Por que?&#8221;.<\/p>\n\n<p>Jacobo: \u201cPois \u00e9 que\u2026\u00a0 mellor v\u00e9n para que o vexas\u201d.<\/p>\n\n<p> O SupGaleano rompeu outra cachimba mirando a \u201cfrota\u201d  zapatista. Na ribeira do r\u00edo, os 6 caiucos con nomes estrafalarios, ali\u00f1ados, estaban cheos de macetas e flores.<\/p>\n\n<p><span>\u201cE iso?\u201d, preguntou o Sup s\u00f3 por tr\u00e1mite.<\/span><\/p>\n\n<p><span> \u201c\u00c9 a carga das compa\u00f1eiras\u201d, respondeu Rub\u00e9n resignado. <\/span><\/p>\n\n<p>El Sup: \u201cA s\u00faa carga?\u201d.<\/p>\n\n<p>Rub\u00e9n: \u201cSi, vi\u00f1eron e s\u00f3 dic\u00edan \u201cisto vaise a ocupar\u201d e foron deixando esas planti\u00f1as. E logo veu unha rapaza que non sei como se chama pero preguntou que se a viaxe vai tardar en facerse, ou sexa que se se vai demorar a chegada a onde imos. Pregunteille por que, que se \u00e9 que van as s\u00faas <em>mamaces<\/em> ou que. D\u00edxome que non, que era porque quer\u00eda mandar unha \u00e1rbore, as\u00ed pequeni\u00f1a, que de s\u00fapeto, se dilatamos na viaxe, pois xa chega xa medradi\u00f1o e podemos tomar <em>pozol<\/em> \u00e1 sombra se se pon moi bravo o sol.\u201d<\/p>\n\n<p>\u201cPero se son todas iguais\u201d, alegou o Sup (refer\u00edndose \u00e1s plantas, claro).<\/p>\n\n<p><span>\u00a0 &#8220;<\/span>Non&#8221;<span>, dixo a comit\u00e9 Alejandra. &#8220;<\/span>\u00c9sta \u00e9 estafiate, para a dor de barriga; esa \u00e9 tomi\u00f1o; aquela \u00e9 <em>hierbabuena<\/em>; al\u00e1 camomila, ourego, pirixel, coandro, loureiro, <em>epazote<\/em>, <em>z\u00e1bila<\/em>; esta \u00e9 por se t\u00e9s cagarr\u00eda, esta para queimaduras, esa para mal de so\u00f1o, al\u00e1 por se doe un dente,\u00a0aqu\u00ed a de c\u00f3licos, esta ch\u00e1mase <em>s\u00e1nalo todo<\/em>, a outra de al\u00f3 para a bocallada, tamb\u00e9n <em>momo<\/em>, <em>yerba mora<\/em>, ceboli\u00f1o, ruda, xeranios, caraveles, tulip\u00e1ns, rosas, <em>ma\u00f1anitas<\/em>; e dem\u00e1is&#8221;.<\/p>\n\n<p>Jacobo se sinti\u00f3 obligado a aclarar: \u201cEra rematar un caiuco, e cando volv\u00edamos a mirar, xa estaba cheo de plantas.\u00a0 Outro, e outra vez cheo.\u00a0 Xa levamos 6, por iso pregunto se seguimos facendo m\u00e1is, porque igual vanse ir enchendo.\u201d<\/p>\n\n<p>\u201cPero se mandan todo iso, onde van ir as compa\u00f1eiras?\u201d quixo razoar o Sup cunha compa\u00f1eira, coordinadora de mulleres, que cargaba nos brazos d\u00faas macetas e un raparigo no seu mant\u00f3n terzado \u00e1s costas.<\/p>\n\n<p>\u201cAh, e logo van ir homes?\u201d, dixo ela.<\/p>\n\n<p>\u201cSexa como sexa, tampouco van caber as mulleres\u201d, aduciu o Sup, ao bordo dun ataque de nervios\u201d.<\/p>\n\n<p>Ela: \u201cAh, \u00e9 que n\u00f3s non imos ir en barco.\u00a0 N\u00f3s \u00edmonos a ir en avi\u00f3n, para non vomitar.\u00a0 Bo, sempre se devolve algo, pero as\u00ed menos.\u201d<\/p>\n\n<p>Sup: &#8220;E quen vos falou a v\u00f3s de ir en aeroplano?.&#8221;<\/p>\n\n<p>Ela: &#8220;N\u00f3s mesmas&#8221;.<\/p>\n\n<p>Sup: &#8220;Pero de onde sacastes toda esa leria que me est\u00e1s contando?.<\/p>\n\n<p>Ela: \u201c\u00c9 que chegou a Esperanza na reuni\u00f3n de <em>como mujeres que somos<\/em> e informounos que todas imos morrer miserablemente se imos cos demos dos homes. Ent\u00f3n pens\u00e1molo en asemblea e concordamos\u00a0 que non temos medo e estamos moi dispostas e decididas a que a\u00ednda que os homes morran miserablemente, n\u00f3s non&#8221;.<\/p>\n\n<p>&#8220;Xa botamos n\u00fameros e imos alugar o aeroplano que mercou o Calder\u00f3n para o Pe\u00f1a Nieto e que os malos gobernos de agora xa no saben como facer.\u00a0 D\u00edn que 500 pesos a pesaxe por persoa.\u00a0 Van apuntadas 111 compa\u00f1eiras, pero creo que faltan os equipos de f\u00fatbol das milicianas.\u00a0 As\u00ed que, se s\u00f3 imos 111, ser\u00edan 55,500.00 pesos, pero mulleres e crianzas s\u00f3 pagan a metade, logo quedar\u00eda en 27,750.\u00a0 Falta descontar o IVE e a bonificaci\u00f3n por gastos de representaci\u00f3n, as\u00ed que digamos que uns 10 mil pesos por todas.\u00a0 Iso se o d\u00f3lar non deval\u00faa, ent\u00f3n pois menos.\u00a0 Pero, para non estar pedindo cartos, \u00edmoslles dar o boi do meu compadre, que est\u00e1 igual que non digo quen, pero que lle imos facer, as\u00ed son todos os <em>machitos<\/em>&#8220;.<\/p>\n\n<p>O SupGaleano quedou calado de vez, tratando de lembrarse onde demo deixara a cachimba de emerxencia.\u00a0 Pero cando viu que as mulleres comezaron a carrexar gali\u00f1as, galos, polos, <em>cuches<\/em>, patos e <em>guajolotes<\/em>, d\u00edxolle ao Monarca: \u201cLixeiro, chama ao SubMoy e dille que \u00e9 moi urxente que ve\u00f1a\u201d.<\/p>\n\n<p>A procesi\u00f3n de mulleres, plantas e animais along\u00e1base m\u00e1is al\u00f3 do <em>potrero<\/em>.\u00a0 Segu\u00edalles a fila da cuadrilla de Defensa Zapatista: a columna da horda abr\u00edaa o Pablito, que xa en modo \u201cse non podes con elas, \u00fanete\u201d, levaba o seu cabalo, seguido do amado Amado coa s\u00faa bicicleta \u2013coa lamia ponchada-.\u00a0 Daquela o <em>gato-perro<\/em> arreando un fato de gando.\u00a0 Defensa e Esperanza med\u00edan os caiucos calculando se entraban as portar\u00edas.\u00a0 O cabalo choco levaba no fuci\u00f1o unha rede con garrafas de pl\u00e1stico.\u00a0 Calamidade pasou cargando un cucho que berraba aterrado, temendo que o lanzasen ao r\u00edo para rescatalo despois\u2026 non \u00e9?<\/p>\n\n<p>Pechaba a columna algu\u00e9n que se semellaba extraordinariamente a un escaravello, cun parche pirata no ollo destro, un arame retorto nunha das patillas \u2013a maneira de garfo-, e noutra unha especie de pata de pau, a\u00ednda que non fose m\u00e1is que unha racha dalg\u00fan dos <em>bejucos<\/em> labrados.\u00a0 O estra\u00f1o ser, empu\u00f1ando unha l\u00e1mina de cobre bocas, declamaba con eloxiable entoaci\u00f3n: <span>\u00a0\u201c<\/span><em>Con diez ca\u00f1ones por banda, \/ viento en popa, a toda vela, \/ no corta el mar sino vuela \/ un velero bergant\u00edn. \/ Bajel pirata que llaman \/ por su bravura \u201c<\/em><span>El Temido\u201d, \/\u00a0<\/span><em>En todo el mar conocido \/ del uno al otro conf\u00edn<\/em><span>.\u201d.<\/span><\/p>\n\n<p>\u00a0 Cando regresou o  Subcomandante Insurxente Mois\u00e9s, xefe da expedici\u00f3n en cernes, atopou ao SupGaleano sorrindo inexplicablemente. O Sup atopara outra cachimba, esta sen romper, dentro do peto do seu pantal\u00f3n.<\/p>\n\n<p>Dou Fe.&#013;\nGuau-Miau.<\/p>\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-vimeo wp-block-embed-vimeo wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\">\r\n<div class=\"wp-block-embed__wrapper\">https:\/\/vimeo.com\/469379048<\/div><\/figure><figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\">\r\n<div class=\"wp-block-embed__wrapper\">https:\/\/youtu.be\/80EIfHMndnQ<\/div><\/figure><figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-4-3 wp-has-aspect-ratio\">\r\n<div class=\"wp-block-embed__wrapper\">https:\/\/youtu.be\/MsDF2H5DDV4<\/div><\/figure>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cuarta Parte: MEMORIA DO QUE VIR\u00c1.&#013; &#013; Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista: Subcomanante Insurxente Galeano.Outubro do 2020. \u00a0 \u00c9 hai 35 outubros. \u00a0 O Vello Antonio olla a cachela resistindo \u00e1 choiva.\u00a0 Baixo as pingas do chapeu de palla, prende cun chamizo o seu cigarro forxado con dobrador.\u00a0 O lume [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":1009,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[5],"tags":[],"featured_image_urls":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-scaled.jpg",2560,1920,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-300x225.jpg",300,225,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-768x576.jpg",750,563,true],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-1024x768.jpg",750,563,true],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-1536x1152.jpg",1536,1152,true],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-2048x1536.jpg",2048,1536,true],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-360x240.jpg",360,240,true]},"post_excerpt_stackable":"<p>Cuarta Parte: MEMORIA DO QUE VIR\u00c1.&#013; &#013; Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista: Subcomanante Insurxente Galeano.Outubro do 2020. \u00a0 \u00c9 hai 35 outubros. \u00a0 O Vello Antonio olla a cachela resistindo \u00e1 choiva.\u00a0 Baixo as pingas do chapeu de palla, prende cun chamizo o seu cigarro forxado con dobrador.\u00a0 O lume mantense, agoch\u00e1ndose \u00e1s veces baixo as rachas; o vento ax\u00fadalle, e co seu alento aviva as brasas que arroiban de furia. O campamento \u00e9 o nomeado \u201cWatapil\u201d, na chamada \u201cSierra Cruz de Plata\u201d que se ergue entre os h\u00famidos brazos dos r\u00edos Jatat\u00e9 e Perlas.\u00a0 Corre o ano de 1985&hellip;<\/p>\n","category_list":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num":"0 comments","featured_image_urls_v2":{"full":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-scaled.jpg",2560,1920,false],"thumbnail":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-300x225.jpg",300,225,true],"medium_large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-768x576.jpg",750,563,true],"large":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-1024x768.jpg",750,563,true],"1536x1536":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-1536x1152.jpg",1536,1152,true],"2048x2048":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-2048x1536.jpg",2048,1536,true],"hestia-blog":["https:\/\/viajezapatista.eu\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/defiestaelcaracolOK-360x240.jpg",360,240,true]},"post_excerpt_stackable_v2":"<p>Cuarta Parte: MEMORIA DO QUE VIR\u00c1.&#013; &#013; Publicaci\u00f3n orixinal en Enlace Zapatista: Subcomanante Insurxente Galeano.Outubro do 2020. \u00a0 \u00c9 hai 35 outubros. \u00a0 O Vello Antonio olla a cachela resistindo \u00e1 choiva.\u00a0 Baixo as pingas do chapeu de palla, prende cun chamizo o seu cigarro forxado con dobrador.\u00a0 O lume mantense, agoch\u00e1ndose \u00e1s veces baixo as rachas; o vento ax\u00fadalle, e co seu alento aviva as brasas que arroiban de furia. O campamento \u00e9 o nomeado \u201cWatapil\u201d, na chamada \u201cSierra Cruz de Plata\u201d que se ergue entre os h\u00famidos brazos dos r\u00edos Jatat\u00e9 e Perlas.\u00a0 Corre o ano de 1985&hellip;<\/p>\n","category_list_v2":"<a href=\"https:\/\/viajezapatista.eu\/es\/category\/porlavida\/\" rel=\"category tag\">porlavida<\/a>","author_info_v2":{"name":"xAn ...","url":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/author\/xan\/"},"comments_num_v2":"0 comments","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1008"}],"collection":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1008"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1008\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2433,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1008\/revisions\/2433"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1009"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1008"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1008"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/viajezapatista.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1008"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}